TUI Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
TUI Airways
TUI Logo 2016.svg
IATA
BY
OACI
TOM
Indicativo
TUIAIR
Fundación1962 (como Britannia Airways)
Inicio das operacións1 de novembro de 2008 como Thomson Airways
2 de outubro de 2017 como TUI Airways
AlianzaTUI Airlines
Frota62
Destinos96
HoldingTUI Group
Eslogan da compañíaDiscover Your Smile
Sede
Páxina web: https://www.tui.co.uk

TUI Airways, acotío coñecida como TUI UK (anteriormente Thomson Airways), é a aeroliña chárter máis grande do mundo. Ofrece voos chárter e regulares dende o Reino Unido e Irlanda a destinos en Europa, África, Asia e Norteamérica. A compañía transportou 10,6 millóns de pasaxeiros no ano 2016, sendo a terceira maior aeroliña británica en número de pasaxeiros, tras easyJet e British Airways.[1]

A oficina do seu rexistro está na TUI Travel House en Crawley, West Sussex, pero a súas oficinas principais atópanse en Luton, Bedfordshire. TUI Airways Limited ten un certificado de operación aérea da Autoridade de Aviación Civil británica de tipo A, o cal lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avión de 20 ou máis asentos.

A aeroliña creouse tras a fusión da división de viaxes de TUI AG e de First Choice Holidays plc en setembro de 2007 para formar TUI Travel. As respectivas aeroliñas das dúas compañías, Thomsonfly e First Choice Airways, fusionáronse en maio de 2008 e pasaron a chamarse Thomson Airways en novembro dese ano. TUI Travel fusionouse con TUI AG para formar o TUI Group en decembro de 2014.

A compñía cambiou oficialmente o seu nome legal de Thomson Airways a TUI Airways o 2 de outubro de 2017.[2] Este cambio realizouse para estar acorde coas súas compañías irmás TUI fly Belgium, TUI fly Deutschland, TUI fly Netherlands e TUI fly Nordic. Todas as aeroliñas do grupo, agás Corsair International, utilizan agora a marca TUI.

Frota[editar | editar a fonte]

En maio de 2017 a frota de TUI Airways estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de TUI Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
P Y Total
Boeing 737-800 33 189 189
Boeing 757-200 14 221 221
223 223
Boeing 767-300ER 3 1 31 256 287 Dous operando para TUI fly Nordic Un operando para TUI fly Belgium[3]
328 328
Boeing 787-8 9 47 253 300 Un vai ser transferido a TUI fly Belgium[3][4]
Boeing 787-9 2 4[4] 63 282 345 As entregas rematarán en xuño de 2020[4]
Total 61 5

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Civil Aviation Authority (ed.). "Airline data". Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  2. Companies House (ed.). "TUI Airways Limited". Consultado o 11 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 jethros.org (ed.). "Frota de TUI Airways". Consultado o 17 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 TUI (ed.). "Thomson Airways celebrates expansion of long haul fleet with arrival of latest 787-9 Dreamliner". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2017. Consultado o 17 de novembro de 2017.