Saltar ao contido

Adenosina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adenosina
C₁₀H₁₃N₅O₄ Editar o valor en Wikidata
Estrutura
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
 Caracterizado por
 Atopado no taxon
ser humano
Eurycoma longifolia
Glinus oppositifolius
Gnaphalium polycaulon
Clitoria ternatea
nabo
Broussonetia papyrifera
Brachystemma calycinum
Hortensia
Gymnosporia oxyphylla
Morus alba var. multicaulis
Kaempferia parviflora
Moreira branca
Mikania laevigata
Moringa oleifera
Notechis scutatus
Árbore do nim
Alternaria alternata
Scaphium affine
Tethya aurantia
Solanum incanum
Saposhnikovia divaricata
Smilax bracteata
Aplysia kurodai
Tethya aurantium
Torilis japonica
Albugo candida
Tetradium glabrifolium
Streptomyces piomogenus
Daphnia magna
Escherichia coli
Pseudomyrmex triplarinus
Oryza aristata
Pachliopta aristolochiae
Streptomyces mutabilis
Nigrospora oryzae
Caenorhabditis elegans
arroz
Cordyceps
Trachyspermum ammi
Lilium pumilum
Apiaceae
Ligusticum officinale
cerdeira
Levisticum officinale
Arabidopsis thaliana
Chlamydomonas reinhardtii
Oxytropis racemosa
Euphoria longana
Adiantum philippense
Amendoeira
Breynia androgyna
Prunus amygdalus
Panax japonicus
Lamigueiro branco
Ligusticum striatum
Sauropus androgynus
Ulva pertusa
Gymnosporia acuminata
Tuber indicum
Ulva australis
Paralepista flaccida
Panax quinquefolius
Dendrobium nobile
Beldroega
Polygonatum sibiricum
Eleutherococcus giraldii
Alangium platanifolium
Oligomeris linifolia
millo
Nigrospora sphaerica
Strychnos lucida
Allium chinense
allo
Angelica keiskei
cebola
Angelica dahurica
Angelica acutiloba
Anxélica
Argemone mexicana
Oxytropis myriophylla
Gastrodia elata
Adiantum lunulatum
Allium tuberosum
Acanthus ilicifolius
Cynomorium songaricum
Acanthus ebracteatus
Junceella juncea
Atractylodes lancea
Cassytha filiformis
Dioscorea oppositifolia
Capparis flavicans
cogombro
Codonopsis pilosula
Crocus sativus
Phlebodium decumanum
Asterias forbesi
Senna tora
Lilium mackliniae
Lilium tenuifolium
Ligusticum chuanxiong
Lactarius subplinthogalus
Conioselinum anthriscoides
Nogueira común
Marchantia polymorpha
Neptunea antiqua
Phoebe formosana
Medicago sativa
feixón
Paeonia obovata
Ginseng
Cártamo
Isatis tinctoria
Hemerocallis fulva
Coandro
Melón
Ophiocordyceps sinensis
Cliona celata
Coix lacryma-jobi
Ilex cornuta
Melicope semecarpifolia
Fritillaria yuminensis
Helichrysum arenarium
Fiúncho
Glehnia littoralis
Ganoderma japonicum
Ganoderma lucidum
Dendrobium officinale Editar o valor en Wikidata
 Uso
 Ingrediente activo en
Adenoscan (en) Traducir
Adenocard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Dose diaria
 Condición médica tratada
Propiedades xerais
 Masa
267,097 Da Editar o valor en Wikidata
 Solubilidade
5,1 g/kg Editar o valor en Wikidata
Propiedades estruturais
 SMILES canónico
C1=NC2=C(C(=N1)N)N=CN2C3C(C(C(O3)CO)O)O Editar o valor en Wikidata
 SMILES isomérico
C1=NC2=C(C(=N1)N)N=CN2[C@H]3[C@@H]([C@@H]([C@H](O3)CO)O)O Editar o valor en Wikidata
 pKa
3.6 25 ℃
12.4 25 ℃ Editar o valor en Wikidata
Propiedades térmicas
 Punto de fusión
235,5 ℃
235 ℃ Editar o valor en Wikidata
Identificadores
MeSHD000241 Editar o valor en Wikidata
Número CAS58-61-7 Editar o valor en Wikidata
ATCC01EB10 Editar o valor en Wikidata
PubChem60961 Editar o valor en Wikidata
ChemSpider54923 Editar o valor en Wikidata
UNIIK72T3FS567 Editar o valor en Wikidata
ChEBI16335 Editar o valor en Wikidata
ChEMBLCHEMBL477 Editar o valor en Wikidata
IUPHAR2844 Editar o valor en Wikidata
Beilstein93029 Editar o valor en Wikidata
InChlModelo3D Editar o valor en Wikidata
KEGGD00045 Editar o valor en Wikidata
Gmelin53385 Editar o valor en Wikidata
CE200-389-9 Editar o valor en Wikidata
DrugbankDB00640 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons
Adenosina.

A adenosina é un nucleósido formado pola unión da adenina cunha ribosa (ou ribofuranosa) por medio dun enlace glicosídico β-N9. A adenina que contén é unha purina sintetizada a partir da degradación de aminoácidos como metionina, treonina, valina e isoleucina e do AMP.[1] Utilízase como fármaco en certas doenzas cardíacas. Cando se une a un fosfato orixina o nucleótido AMP, que forma parte do sistema AMP/ADP/ATP, que é fundamental no almacenamento e cesión de enerxía na célula.

A cafeína é un antagonista da adenosina na unión aos receptores de adenosina do cerebro.

A adenosina ten unha importante función en procesos bioquímicos, tales como a transferencia de enerxía, en forma dos nucleótidos ATP e ADP, e a transdución de sinais en forma de adenosín monofosfato cíclico ou AMPc.

A adenosina desempeña un importante papel como neuromodulador no sistema nervioso central, a través da interacción cos seus receptores A1, A2A, A2B e A3, amplamente distribuídos nos tecidos do corpo producindo vasodilatación,[2] broncoconstrición, inmunosupresión etc.[3]

Tamén ten efectos sedantes e inhibitorios sobre a actividade neuronal. A cafeína diminúe o sono precisamente polo bloqueo do receptor de adenosina, polo que é un antagonista da adenosina. A adenosina aumenta o sono NMOR (sobre todo no estadio IV) e tamén o MOR. Cando se aplica un inhibidor da desaminase de adenosina (desoxicoformicina) increméntase o NMOR. Observouse o mesmo efecto co precursor da adenosina, a S-adenosil homocisteína.

Aínda non está identificado o papel xogado pola adenosina na vixilia, pois os receptores de adenosina A1 tras a privación de NMOR están elevados, porén os niveis de adenosina ás 48 horas de abstinencia non están altos.

Receptores de adenosina

[editar | editar a fonte]

Existen tres clases de receptores de adenosina, denominados A1, A2 e A3.

  • Receptor A1: está unido a unha proteína GTP-dependente (proteína G) de tipo inhibidor (Gi1), que inhibe o encima adenilato ciclase. En consecuencia a súa unión coa adenosina provoca unha diminución da concentración intracelular do segundo mensaxeiro AMP cíclico. A activación do receptor A1 é responsable do bloqueo atrio-ventricular, que se observa despois da administración de adenosina como fármaco.
  • Receptores A2a e 2b: están unidos a unha proteína G activadora (Gs) e elevan a produción de AMP cíclico. Os efectos celulares deste mensaxeiro están mediados pola proteína quinase dependente de AMPc (PKA) e por algunhas quinases sensibles aos mitóxenos (MAPKs). O receptor A2a media a vasodilatación mentres que o receptor A2b media a broncocostrición. A diferenza entre os receptores 2a e 2b débese ao feito de que o receptor 2b ademais pode ligarse tamén a outra proteína G, chamada Gq. Esta estimula o catabolismo de certos fosfolípidos de membrana, que por medio de dous segundos mensaxeiros mobilizan os depósitos intracelulares de calcio e activan algunhas proteína quinases lípido-dependentes (PKC) e sensibles aos mitóxenos (MAPK).
  • Receptor A3: únese a unha isoforma de proteína G inibitoria (Gi3) e igual ca o receptor A1 reduce a produción citosolica de AMP cíclico. A unión da adenosina ao receptor A3 determina a inhibición da degranulación dos neutrófilos e intervén na protección do miocardio durante a isquemia. Estudos máis recentes confirmaron que está tamén implicado na patoxénese da asma.

Efectos farmacolóxicos

[editar | editar a fonte]

Como fármaco a adenosina utilízase para reverter a taquicardia supraventricular paroxística ao bloquear o nódulo auriculoventricular.[4] Administrada por vía endovenosa deprime a actividade do nodo sinusal e utilízase para a conversión rápida a ritmo sinusal das arritmias supraventriculares de reentrada.[5] A adenosina actúa como un neuroprotector ao inhibir a transmisión excitativa de receptores A1. Este nucleósido púrico endóxeno cando estimula os seus receptores A1 cardíacos[6] activa unha corrente de saída de K+ sensible a acetilcolina na aurícula, nodo sinusal, e nódulo auriculoventricular, o que dá como resultado o acurtamento da duración do potencial de acción, hiperpolarización e fai lenta a automaticidade normal.

Tamén inhibe os efectos electrofisiolóxicos do aumento de adenosín monofosfato cíclico (AMPc) intracelular, que ocorre coa activación simpática. Para iso inhibe a entrada de Ca2+ estimulada polo AMPc, o que tamén deprime a frecuencia das células do nodo sinoauricular e a velocidade de condución a través do nodo auriculoventricular,[7] á vez que prolonga o período refractario deste.

Administrada por vía IV produce unha rápida elevación da presión arterial seguida de hipotensión e taquicardia.

A adenosina produce unha resposta farmacolóxica de curta duración porque é rapidamente metabolizada por degradación encimática no sangue e en tecidos periféricos (pola combinación de accións dunha adenosín desaminase e unha quinase fosforilante). Por este motivo, adminístrase por vía IV por vía intravenosa de forma rápida, preferentemente por medio dun cateterismo cardíaco, baixo monitorización médica en ambiente hospitalario.[8]

Estrutura química da desoxiadenosina, a cal carece do OH no carbono 2' que ten a adenosina.

A desoxiadenosina

[editar | editar a fonte]

É unha molécula igual á adenosina formada tamén por adenina pero con 2-desoxirribosa en lugar de ribosa, polo que é un desoxirribonucleósido. Cando se lle une un fosfato en posición 5' forma o nucleótido dAMP, que forma parte do ADN.

Un derivado da desoxiadenosina é a 3-desoxiadenosina (con 3-desoxirribosa), tamén chamada cordicepina (Cordycepin), que interfire na síntese do ARN e ten propiedades antitumorais[9], e que carece do OH do carbono 3' en lugar do do 2'.

  1. "Visão Bioquímica. Desenvolvido na Universidade de Brasília". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2007. Consultado o 06 de xullo de 2011. 
  2. Instituto Químico Biológico - Vademecum
  3. European_Bioinformatics_Institute. [1]
  4. González-Hermosillo, J. A.; Colín Lizalde, Luis; Huarte Hernández, Yaeli; Micheli, Alfredo de; Iturralde Torres, Pedro; Guevara-Valdivia, Milton E. (2002-9). "Utilidad de la adenosina para evidenciar bloqueo auriculo-ventricular avanzado paroxístico como causa de síncope". Archivos de cardiología de México 72 (3): 227–232. ISSN 1405-9940. 
  5. "Il Network Xagena". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 06 de xullo de 2011. 
  6. Tomás Raviña, Paula Raviña y María LR Suárez. Inestabilidad auricular tras adenosina. Rev Esp Cardiol 2004; 57: 594 - 595. ISSN: 1579-2242; DOI artículo: 10.1157/13062929. [2] Arquivado 06 de xullo de 2007 en Wayback Machine.
  7. Arquivos Brasileiros de Cardiologia. [3]
  8. "Bayer Health Care. Manual de Fármacos de Urxencias". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2007. Consultado o 06 de xullo de 2011. 
  9. Siev, M., Weinberg, R. and Penman, S. (1969). "The selective interruption of nucleolar RNA synthesis in HeLa cells by cordycepin". J. Cell Biol. 41 (2): 510–520. PMC 2107749. PMID 5783871. doi:10.1083/jcb.41.2.510. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]