Absceso de Brodie
Absceso de Brodie | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() RMN dun absceso de Brodie. | |
ICD-10 | M86.8 |
ICD-9 | 730.1 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O absceso de Brodie é unha doenza ósea infecciosa. É unha complicación subaguda da osteomielite, que pode persistir durante anos até facerse crónica. O organismo que máis adoita causalo é o Staphylococcus aureus. Fisiopatoloxicamente, esta doenza é o resultado da formación dun absceso infeccioso que posteriormente queda arrodeado de óso de nova formación. O ósos do organismo máis frecuentemente afectados por esta doenza son as metáfises dos ósos longos, e de entre eles o máis afectado é a tibia, por ser ademais o óso máis afectado pola osteomielite. Deste xeito, o material pióxeno queda encerrado, como acontece en todos os abscesos. O termo provén do nome do cirurxián inglés Benjamin Collins Brodie.[1]
Síntomas[editar | editar a fonte]
O principal síntoma é a dor, que adoita ser localizada no lugar da lesión. É unha dor nocturna, que se alivia coa administración de aspirina. Ás veces, os síntomas poden ser semellantes aos do osteoma osteoide, o cal é típicamente menor de 1 cm de diámetro.
Diagnóstico[editar | editar a fonte]
O método máis eficaz para diagnosticar un absceso de Brodie é a radiografía simple, por ser unha técnica barata e efectiva. Radiolóxicamente obsérvase unha zona radiolucente (branca) ovalada ou elíptica, de máis dun centímetro de diámetro, con tecido de granulación e certa esclerose. Outras técnicas de imaxe, coma a TAC ou a resonancia magnética son tamén útiles para o diagnóstico desta enfermidade.
Diagnóstico diferencial[editar | editar a fonte]
O absceso de Brodie pode ser confundido con outras doenzas:[2]
- Fracturas por fatiga
- Displasia fibrosa
- Osteoblastoma
- Osteosarcoma
- Osteoma osteoide
- Sarcoma de Edwig
- Reticulosarcoma
- Mieloma múltiple
- Metástases óseas
- Tumor de células xigantes
- Encondroma
- Condroblastoma
- Goma sifilítica
- Granuloma tuberculoso
- Infarto óseo
- Quiste óseo
- Quiste óseo aneurismático
Tratamento[editar | editar a fonte]
O tratamento principal para esta doenza é a cirurxía. O tipo de cirurxía dependerá do tamaño do absceso. Se este é pequeno, a cirurxía consiste na exérese do absceso, con posterior curetaxe e tratamento antibiótico. Se o absceso e de gran tamaño, haberá de fixarse o óso con enclavaxes endomedulares ou outros dispositivos cirúrxicos, tratamento semellante a unha fractura.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Brodie's abscess Whonamedit
- ↑ Alonso, E.; Martínez-Hernández, A. (2003-01). "Absceso de Brodie en un paciente infectado por el virus de la inmunodeficiencia humana". Revista Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología 47 (4): 275–278. ISSN 1888-4415. doi:10.1016/s1888-4415(03)76114-1.