Sesamoidite
Aparencia
Sesamoidite | |
---|---|
![]() Localización dos ósos sesamoides no pé. | |
Subclase de | doença ocupacional (pt) ![]() ![]() |
Localización anatómica | osso sesamoide (pt) ![]() ![]() |
Especialidade médica | reumatoloxía ![]() |
ICD-10 | M86.8 |
ICD-9 | 733.99 |
![]() |
A sesamoidite é a inflamación dos ósos sesamoides. Nos seres humanos adoita producirse na parte inferior do pé, tras do dedo polgar do pé. Normalmente hai dous ósos sesamoides en cada pé, ás veces poden ser sesamoides bipartitos, isto é, cada un deles consta de dúas pezas independentes. Os ósos sesamoides miden varios milímetros, sendo do tamaño de caramelos. Na sesamoidite prodúcese inflamación e dor, polo xeral producida por un aumento na actividade física que soporta o pé. Ás veces o óso pode até mesmo fracturarse, e pode ser complicado de diagnosticar nunha radiografía.