Condrite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A condrite é a inflamación das cartilaxes.[1] Pode darse de diversas formas: mediante osteocondrite, costocondrite etc. O tecido cartilaxinoso cumpre a función de protexer e dar estrutura a certos órganos (como a larinxe ou a traquea) ou reducen o rozamento entre as superficies articulares e amortece os traumatismos sobre estas. Noutros casos dan forma a certas estruturas, coma o nariz ou o pavillón auricular. Así, as condrites poden afectar á integridade de moitas estruturas corporais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Condrite (es) Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Enciclopedia universal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]