Saltar ao contido

Secuestro óseo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sequestrum»)

Para outros usos, ver: Secuestro (homónimos)

Secuestro óseo
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/087jj5 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779958836 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Un secuestro óseo, tamén coñecido como sequestrum, pola súa denominación en latín, é unha doenza ósea na que unha peza de óso morto queda illado do tecido óseo que o arrodea, debido a un fallo no proceso de necrose e reparación do óso.[1] Prodúcese após unha osteomielite, sendo unha das complicacións máis frecuentes deste proceso. Tamén, aínda que de xeito moi excepcional, o secuestro pode estar provocado por un osteoma osteoide, un tipo de tumor óseo.

Fisiopatoloxía

[editar | editar a fonte]

O secuestro óseo case sempre é secundario e como complicación dunha oseomielite, unha infección do óso. Por mor da infección e os exsudados que esta fai segregar, a presión intramedular aumenta. Debido a este aumento de presión, o periósteo deixa de estar en contacto co resto do tecido óseo. Este feito provoca unha trombose avascular, xa que o periósteo é a estrutura encargada de fornecer de nutrientes ao óso. Posteriormente prodúcese unha necrose no óso, que se se produce aberrantemente pode dar lugar ao secuestro óseo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]