Abdullah I de Xordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abdullah I de Xordania
Kingabdullahbinhussein.jpg
Rei de Xordania
25 de maio de 1946
20 de xullo de 1951 (5 anos)
Predecesor Establecemento do reino
Sucesor Talal I
Emir e rei de Transxordania
1 de abril de 1921
25 de maio de 1946 (25 anos)
Predecesor Establecemento do emirato
Sucesor Substituído polo reino de Xordania

Nacemento 1882
A Meca (Arabia Saudita)
Falecemento 20 de xullo de 1951
Xerusalén
Cónxuxe/s Musbah bint Nasser (esposa principal),
Suzdil Khanum
Nahda bint Uman
Casa real Haxemí
Proxenitores Husayn ibn Ali
Abdiya bint 'Abdu'llah

Abdullah bin al-Hussein (en árabe عبد الله بن حسين), nado na Meca en 1882 e finado en Xerusalén o 20 de xullo de 1951, foi o primeiro rei de Xordania.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Abdullah era fillo do xerife da Meca, cabeza da dinastía dos haxemís, a quen o Reino Unido prometerá recoñecer a independencia dos territorios árabes de Asia nun único estado a cambio da súa axuda na loita contra o Imperio Otomán.

Antes da Primeira Guerra Mundial Abdullah foi vicepresidente do parlamento de Istambul. O seu irmán, Faysal, deputado na mesma cámara, dirixiu a rebelión árabe que combatiu os turcos dende Hiyaz ata tomar Damasco en 1918, dous anos despois de que o xerife Husayn se proclamara rei. Unha vez acabada a guerra os aliados desfixeron o embrión de Estado que se creara dende Damasco e a cambio colocaron a Faysal e a Abdullah á cabeza de dous países creados artificialmente, Iraq e Transxordania.

Abdullah recibiu Transxordania como feudo en 1921.[1] Tratábase en realidade dun corredor a través do deserto que comunicaba as dúas zonas de influencia británicas, Iraq e Palestina. O 25 de maio de 1923 Transxordania obtivo a independencia coa denominación de emirato.

O rei foi unha personaxe pouco popular entre os árabes de Oriente Medio debido á súa política clientelar respecto dos Estados Unidos e o Reino Unido, á súa proximidade a Israel e á represión que desatou contra os seus detractores. Por outra banda, nunca abandonou a ambición haxemí de ser rei dun reino árabe unificado, o que lle provocou a inimizade das capas dirixentes doutros estados, especialmente os saudís. En setembro de 1949 converteuse no primeiro sefe de estado estranxeiro que visitou a España franquista, pasando tres días na cidade da Coruña.[2][3]

O 20 de xullo de 1951 Abdullah morreu nun atentado na mesquita de Al-Aqsa de Xerusalén. Catro días antes fora asasinado en Amán o primeiro ministro líbanés Riad Bey al-Solh, e Abdullah atopábase na cidade para participar nunha cerimonia fúnebre na súa honra. Estaba a agardar a que dese comezo a oración do venres co seu neto Hussein bin Talal (futuro rei) cando un activista palestino, Mustafa Shukri, abriu fogo contra el alcanzándoo na cabeza. Abdullah e al-Solh morreron baixo a acusación de estar levando a cabo negociacións secretas con Israel para firmar unha paz á marxe dos acordos acadados na Liga Árabe. A investigación xordana sinalou dous dirixentes palestinos como cerebros do complot, o doutor Abd Allah Husayni e o coronel Abd Allah Tell, antigo gobernador militar de Xerusalén.

Liña do tempo[editar | editar a fonte]

Abdullah II de Xordania Hussein I de Xordania Talal de Xordania

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Amir Abdullah's Bodyguard on Camels with Red, Green and White Standard at Far Left". World Digital Library (en inglés). abril de 1921. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  2. Correyero Ruiz, Beatriz (2003). "La propaganda turística española en los años del aislamiento internacional". Historia y Comunicación Social (en español) (8): 47–61. 
  3. Rodríguez, Ana (13-9-2009). "Un rey que llegó de Oriente". La Opinión (en español) (A Coruña). Consultado o 27-5-2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]