Talal de Xordania
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de febreiro de 1909 A Meca, Arabia Saudita |
| Morte | 7 de xullo de 1972 Istambul, Turquía |
| Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
| Lugar de sepultura | Palácio Raghadan (pt) |
| 20 de xullo de 1951 – 11 de agosto de 1952 ← Abdullah I de Xordania – Hussein I de Xordania → | |
| Crown Prince of Jordan (en) | |
| 11 de marzo de 1947 – 20 de xullo de 1951 – Naif bin Abdullah (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Islam |
| Educación | Royal Military College, Sandhurst (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Carreira militar | |
| Rango militar | mariscal de campo |
| Familia | |
| Familia | Iman bint Al Abdullah (pt) |
| Cónxuxe | Zein al-Sharaf Talal |
| Fillos | Hussein I de Xordania, Prince Muhammad bin Talal of Jordan, Prince El Hassan bin Talal of Jordan, Princess Basma bint Talal of Jordan |
| Pais | Abdullah I de Xordania |
| Irmáns | Naif bin Abdullah |
| Parentes | Abdullah II de Xordania, neto |
| Premios | |
Talal I bin Abdullah, Rei de Xordania (en árabe: طلال بن عبد الله, Ṭalāl ibn `Abd Allāh) nado o 26 de febreiro de 1909 na cidade da Meca (Arabia Saudita) e finado o 7 de xullo de 1972 en Istambul (Turquía), foi rei de Xordania desde o 20 de xullo de 1951 até verse forzado a abdicar por razóns de saúde o 11 de agosto de 1952 (os británicos afirmaron de que sufría esquizofrenia[1]).
Vida
[editar | editar a fonte]Recibiu formación castrense na Real Academia Militar de Sandhurst do Reino Unido graduándose en 1939. Talal accedeu ao trono de Xordania despois do asasinato do seu pai, o rei Abdullah I en Xerusalén durante a oración do Venres. Seu fillo Hussein, quen acompañaba ao seu avó, tamén estivo a piques de ser asasinado.
Durante o seu breve reinado, Talal promoveu a redacción dunha Constitución liberal para o Reino de Xordania que permitise a formación dun goberno de carácter representativo con ministros responsables de forma individual ante o Parlamento. A Constitución foi ratificada o 1 de xaneiro de 1952. Tamén destacou durante o reinado de Talal a mellora que experimentaron as relacións entre o Reino de Xordania e os veciños Estados árabes de Exipto e Arabia Saudita, previamente tensas.
Familia
[editar | editar a fonte]O 27 de novembro de 1934 Talal casou coa súa prima irmá Zein bint Jamil 'Ali, Xerifa da Meca, coa que tivo catro fillos e dúas fillas:
- S.M. o rei Hussein I: 14 de novembro de 1935 – 7 de febreiro de 1999.
- S.A.R a princesa Asma, falecida pouco despois do seu nacemento en 1937.
- S.A.R o príncipe Muhammad: 2 de outubro de 1940 – 29 de abril de 2021.
- S.A.R o príncipe El Hassan: 20 de marzo de 1947.
- S.A.R o príncipe Muhsin, morto.
- S.A.R a princesa Basma: 11 de maio de 1951.
Liña do tempo
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Schizophrenia," Time Magazine, 18 de agosto de 1952". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2012.
| Predecesor: Abdullah I |
Rei de Xordania 1951 – 1952 |
Sucesor: Hussein I |