Abdul Ghani Baradar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAbdul Ghani Baradar

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Weetmak (Reino de Afganistán) Editar o valor em Wikidata
Deputy Prime Minister of Afghanistan (en) Traducir
7 de setembro de 2021 –
← Hasan Akhund
Deputy Leader of the Islamic Emirate of Afghanistan (en) Traducir
15 de agosto de 2021 –
Deputy Leader of the Islamic Emirate of Afghanistan (en) Traducir
24 de xaneiro de 2019 – 24 de xaneiro de 2019
Deputy Leader of the Islamic Emirate of Afghanistan (en) Traducir
maio de 2002 – 8 de febreiro de 2010
← Mohammad Rabbani (pt) TraducirAkhtar Mansoor (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Afganistán
Estado Islámico de Afganistán
República Democrática do Afeganistão (pt) Traducir
República do Afeganistão (pt) Traducir
Afganistán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoTalibán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua paxta Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeTalibán Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Afganistán, Guerra Civil Afegã (pt) Traducir, Guerra contra o terrorismo e Guerra de Afganistán Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloMulá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm11893662 Twitter: FDPM_AFG Editar o valor em Wikidata

Abdul Ghani Baradar Akhund (paxto/dari: عبدالغنی برادراخوند) nado en 1968, é un político afgán cofundador dos talibáns, e lugartenente de Mohammed Omar.[1][2] Tamén o chaman o mulá Irmán.[3][4] A Baradar capturárono en Paquistán os servizos secretos paquistanís e mais a Axencia Central de Intelixencia (CIA) estadounidense en febreiro de 2010 e liberárono o 24 de outubro de 2018 a petición dos Estados Unidos.[5][6][7] Logo da súa posta en liberdade xogou unha función cada vez máis determinante dentro do movemento talibán afgán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e carreira[editar | editar a fonte]

De orixe paxta, Baradar naceu en 1968 nunha aldea da provincia de Uruzgan de Afganistán.[1][8] El e Mohammed Omar foron amigos dende mozos.[3]

Loitou durante a década de 1980 na Guerra afgá soviética en Kandahar, servindo como o segundo de Omar nun grupo de muxahidíns afgáns contra os soviéticos.[3][9]Omar deulle o alcume de 'Baradar', que significa 'irmán', debido á súa forte amizade.[3][4] Máis tarde manexou unha madrasa en Maiwand, na provincia de Kandahar, canda Omar. Segundo medios de comunicación occidentais, Omar e Baradar poderían ser cuñados vía matrimonio de dúas irmás.[10] En 1994, axudou a Omar a fundar o movemento talibán no sur de Afganistán.[2]

Durante o réxime talibán (19962001), Baradar desenvolveu unha variedade de cargos: gobernador das provincias de Herat e Nimruz e/ou comandante do Afganistán occidental.[11][12] Un documento desclasificado polos Estados Unidos sinálao como o segundo do Estado Maior e comandante de Afaganistán central e Cabul,[13] mentres que a Interpol considera que foi viceministro de defensa.

Guerra de Afganistán[editar | editar a fonte]

Logo do 11S, os Estados Unidos invadiron Afganistán e depuxeron os talibáns coa axuda de forzas afgás. Baradar loitou contra a Alianza do Norte apoiada polos Estados Unidos e, segundo Newsweek, en novembro do 2001, escapou ás montañas xunto co mulá Omar.[10] Algunhas fontes indican que estivo a piques de ser capturado mais que a participación da intelixencia paquistaní asegurou a súa liberdade.[14] Outra historia, recollida pola xornalista neerlandesa Bette Dam, considera que Baradar salvara a vida de Hamid Karzai cando este retornara a Afganistán para loitar contra os talibáns.[15]

Logo da formación dun novo goberno en Afganistán dirixido por Hamid Karzai, Baradar continuou loitando contra a coalición internacional dirixida polos Estados Unidos e o novo goberno afgán. Nos anos seguintes á intervención militar, moitos comandantes talibáns foron presos ou mortos, polo que Baradar acabou gañando importancia na estrutura talibá e dende Paquistán dirixiu á insurxencia en Afganistán. Segundo algunhas informacións puxo énfase en concienciar os soldados para evitar vítimas civís e resultar atractivos á poboación para conseguir o seu apoio.[16] Descríbeno como unha persoa de temperamento calmo e un construtor de consenso.[10]

A pesar das súas actividades militares, Baradar estivo detrás de varias tentativas de empezar conversas de paz, especificamente en 2004 e 2009[10], e gañou sona como unha figura clave nunhas hipotéticas negociacións de paz.[17]

Encarceramento e diplomacia[editar | editar a fonte]

O 8 de febreiro de 2010 foi arrestado preto de Karachi durante unha redada,[5] e oficiais dos Estados Unidos afirmaron que o arresto podería ser un "punto de inflexión" na loita contra os talibáns.[18] Paquistán só confirmou a detención unha semana máis tarde e o Ministro de Interior paquistaní Rehman Malik negou que axentes dos Estados Unidos estivesen implicados nela.[19] Outras fontes suxeriron que o arresto fora fortuíto e que se producira grazas á información fornecida polos Estados Unidos.[20]

A detención de Baradar foi interpretada por algúns como un cambio de posición de Paquistán con respecto aos talibáns,[21] mentres que outros consideraron que era un xeito de gañar influencia na política interna afgá[22][23] Paquistán non accedeu ás reiteradas solicitudes de entregar a Baradar a Afganistán.

Finalmente, o 25 de outubro de 2018, o movemento talibán confirmou que Paquistán liberara a Baradar.[16] Segundo un diplomático estadounidense, isto foi pola expresa petición do goberno dos Estados Unidos.[24] Logo da posta en liberdade, foi o xefe da misión diplomática talibá en Doha (Qatar).[25] En febreiro de 2020, Baradar asinou o Acordo de Doha: un acordo de paz entre os Estados Unidos e os talibáns que abría a posibilidade a unha retirada definitiva dos Estados Unidos e os seus aliados.[26] Trala sinatura do acordo, o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, mantivo unha conversa telefónica de 35 minutos con Baradar.[27] En xullo de 2021, Baradar visitou en China o ministro de exteriores da República Popular chinesa. O cumio outorgoulle lexitimidade ao movemento talibán, que daquela estaba en plena ofensiva militar.[28]

Volta ao poder[editar | editar a fonte]

Logo da rápida conquista de territorios afgáns no verán de 2021 e a caída de Cabul o 15 de agosto dese ano, houbo rumores de que ocuparía a presidencia de Afganistan.[29][30] O 17 de agosto de 2021, Baradar regresou a Afganistán por primeira vez desde a caída do goberno talibán en 2001.[31] Logo de aterrar en Kandahar, Baradar trasladouse a Cabul para participar na formación do goberno.[32] O 24 de agosto, Associated Press informou, citando fontes do goberno estadounidense, da reunión entre Baradar e o director da CIA, William Burns, na capital de Afganistán.[33] O 7 de setembro de 2021 anunciouse que Abdul Ghani Baradar asumiría o cargo de viceprimeiro ministro no goberno talibán.[34][35] Uns días máis tarde difundíronse informacións que especulaban coa morte de Baradar. Segundo eses rumores, ao mulá Baradar matárono nun tiroteo entre faccións talibáns rivais no Palacio Presidencial de Cabul. Para desmentir estas novas, o propio Baradar publicou un arquivo de son onde negaba eses feitos.[36][37]

O 15 de setembro de 2021, foi recoñecido como unha das cen persoas máis influíntes en 2021 pola revista Time. A escolla foi xustificada por encarnar unha liña máis moderada dentro do movemento talibán: sería partidario de conseguir acordos con occidente para recibir axuda financeira.[38]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Why Does Pakistan’s Release of a Key Taliban Leader Matter?". thediplomat.com (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  2. 2,0 2,1 "Profile: Mullah Abdul Ghani Baradar" (en inglés). 2010-02-17. Consultado o 2021-08-18. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Man in the News: Mullah Abdul Ghani Baradar". Financial Times. 
  4. 4,0 4,1 "“I Might Die There”: Journalist Najibullah Quraishi on Going Face-to-Face with ISIS and the Taliban in Afghanistan". FRONTLINE (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  5. 5,0 5,1 "Taliban 'military chief arrested'" (en inglés). 2010-02-16. Consultado o 2021-08-18. 
  6. Mashal, Mujib; Shah, Taimoor (2018-10-25). "Taliban Deputy Is Released Amid Push for Afghan Peace Talks". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-08-18. 
  7. IANS (2019-02-09). "Pakistan frees Taliban co-founder at US request; will play constructive role in Afghan peace initiative". National Herald (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  8. Giustozzi, Antonio (2008). Koran, Kalashnikov, and Laptop: The Neo-Taliban Insurgency in Afghanistan (en inglés). Columbia University Press. ISBN 978-0-231-70009-2. 
  9. "Mastermind who holds vital intelligence". Financial Times. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 EDT, Ron Moreau On 7/24/09 at 8:00 PM (2009-07-24). "Meet the Taliban's New Chief". Newsweek (en inglés). Consultado o 2021-08-18. 
  11. Adamec, Ludwig W. (2005). Historical Dictionary of Afghan Wars, Revolutions, and Insurgencies (en inglés). Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-4948-8. 
  12. "The Hunt for Osama bin Laden - TIME". web.archive.org. 2011-06-22. Archived from the original on 22 de xuño de 2011. Consultado o 2021-08-18. 
  13. "Terrorism finances: updating the taliban names" (PDF). gwu.edu. Consultado o 16-02-2010. 
  14. Mazzetti, Mark; Filkins, Dexter (2010-02-16). "Secret Joint Raid Captures Taliban’s Top Commander". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-08-18. 
  15. "Mullah Baradar: friend or foe?". rnw.nl. Archived from the original on 19 de febreiro de 2010. Consultado o 19 de agosto de 2021. 
  16. 16,0 16,1 "De comandante militar a máximo diplomático de los talibanes: el ascenso al poder de Mullah Baradar". France 24. 2021-08-17. Consultado o 2021-08-18. 
  17. "Pakistan grants Afghan officials access to a top Taliban leader". Christian Science Monitor. 2012-08-12. ISSN 0882-7729. Consultado o 2021-08-18. 
  18. "Capture may be turning point in Taliban fight - CNN.com". www.cnn.com (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  19. "Pakistan confirms Taliban arrest" (en inglés). 2010-02-17. Consultado o 2021-08-19. 
  20. Shane, Scott; Schmitt, Eric (18-2-2010). "In Pakistan Raid, Taliban Chief was Extra Prize". The New York Times.
  21. Rosenbach, Eric. "Pakistan smart to hit Taliban". Boston.com. Consultado o 2021-08-19. 
  22. "Ahmed Wali Karzai: Seeking to Define Himself as U.s. Partner?". 25 de febreiro de 2010, 04:05 (xoves). 
  23. "Pakistan’s complicated motives". Boston.com. Consultado o 2021-08-19. 
  24. IANS (2019-02-09). "Pakistan frees Taliban co-founder at US request; will play constructive role in Afghan peace initiative". National Herald (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  25. "Mullah Baradar appointed head of Taliban’s ‘political office’ in Qatar". longwarjournal.org. 24-1-2019. 
  26. "Afghan conflict: Trump hails deal with Taliban to end 18-year war". BBC News (en inglés). 2020-02-29. Consultado o 2021-08-19. 
  27. "‘Good talk’: Trump says he spoke to Taliban leader after accord". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  28. "Chinese officials and Taliban meet, in sign of warming ties". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  29. "Mullah Abdul Ghani Baradar declared Afghanistan's new President". ummid (en inglés). Consultado o 2021-08-19. 
  30. "Mullah Abdul Ghani Baradar, One of the Co-founders of Taliban, Likely to be Afghanistan’s New President". News18 (en inglés). 2021-08-16. Consultado o 2021-08-19. 
  31. "Mullah Abdul Ghani Baradar returns to Afghanistan after 20 years. Who is he?". Hindustan Times (en inglés). 2021-08-18. Consultado o 2021-08-19. 
  32. "Taliban co-founder Mullah Baradar in Kabul for government talks". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-08-24. 
  33. "US official says CIA director met Taliban leader in Kabul". AP NEWS (en inglés). 2021-08-24. Consultado o 2021-08-24. 
  34. "Taliban co-founder Mullah Baradar named deputy in Afghan gov’t". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-09-07. 
  35. "Taliban announce new government for Afghanistan". BBC News (en inglés). 2021-09-07. Consultado o 2021-09-07. 
  36. AFP (2021-09-13). "Taliban co-founder and acting deputy PM Mullah Baradar releases audio statement refuting death rumours". DAWN.COM (en inglés). Consultado o 2021-09-15. 
  37. "Taliban Denies Deputy Prime Minister Baradar Shot Dead Over Internal Dispute". RFE/RL (en inglés). Consultado o 2021-09-15. 
  38. "Abdul Ghani Baradar: The 100 Most Influential People of 2021". Time (en inglés). Consultado o 2021-11-03.