Hasan Akhund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMulá Editar o valor em Wikidata
Hasan Akhund

(2022) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ps) ملا محمد حسن اخوند Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Panjwayi District, Afganistán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lista de primeiros-ministros do Afeganistão (pt) Traducir
17 de xullo de 2023 –
← Abdul Kabir (pt) Traducir
Lista de primeiros-ministros do Afeganistão (pt) Traducir
7 de setembro de 2021 – 17 de maio de 2023
← Abdul Kabir (pt) TraducirAbdul Kabir (pt) Traducir →
Minister of Foreign Affairs of Afghanistan (en) Traducir
1998 – 27 de outubro de 1999 – Wakil Ahmed Muttawakil (pt) Traducir →
Deputy Prime Minister of Afghanistan (en) Traducir
27 de setembro de 1996 – 13 de novembro de 2001 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEmirato Islámico de Afganistán Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoTalibán Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua paxta Editar o valor em Wikidata

Twitter: mhassanakhund Editar o valor em Wikidata

Mohammad Hasan Akhund, tamén chamado o mulá Hasan Akhund, é un político afgán e militante talibán nomeado primeiro ministro de Afganistán logo da volta ao poder do seu movemento en setembro de 2021.

Identidade[editar | editar a fonte]

De orixe paxta e descendente de Ahmad Shah Durrani, considerado fundador do moderno Afganistán no século XVIII. Naceu na provincia de Kandahar, berce do movemento talibán na década de 1990. Moitos dos seus datos persoais non resultan claros: considérase que, en setembro de 2021, tería uns sesenta anos, aínda que segundo a Unión Europea tería uns 76 anos.[1] Ten o título de mulla e é autor de varios libros sobre o islam.[2]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

É sinalado como un dos fundadores do movemento talibán. A súa proximidade ao mulla Omar, líder do mesmo, conferiulle un grande prestixio interno. Durante o primeiro goberno talibán, entre 1996 e 2001, foi ministro de Asuntos Exteriores e viceprimeiro ministro, segundo indica a axencia de prensa Reuters. Isto fixo que fose incluído nas sancións internacionais tanto das Nacións Unidas como da Unión Europea.[1][3] Logo da intervención dos Estados Unidos, dende 2001, integrou o Rehbari Shura, o consello que dirixe os talibáns, chegando a presidilo. Segundo a prensa india, estivo implicado na destrución dos Budas de Bamiyán.[4]

O 7 de setembro de 2021, logo de culminarse e a retirada estadounidense e a ofensiva talibá que rematou na caída de Cabul, anunciouse o primeiro goberno talibán, cuxo primeiro ministro foi Mohammad Hasan Akhund. O novo executivo, integrado por recoñecidos talibáns, sen membros da oposición ou de mulleres, e de clara maioría paxta, foi anunciado como "interino", mais sen concretarse prazos para o seu exercicio.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Factbox: Mohammad Hasan Akhund: Veteran Taliban leader becomes acting Afghan PM". Reuters (en inglés). 2021-09-07. Consultado o 2021-09-07. 
  2. "Who is Mohammad Hasan Akhund, the head of new Taliban gov’t?". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2021-09-07. 
  3. Sep 7, TIMESOFINDIA COM /; 2021; Ist, 20:53. "Mullah Mohammad Hasan Akhund named new Afghanistan PM: All you need to know - Times of India". The Times of India (en inglés). Consultado o 2021-09-07. 
  4. "Who is Mullah Mohammad Hasan Akhund? All you need to know about head of Taliban's 'acting' govt". Free Press Journal (en inglés). Consultado o 2021-09-07. 
  5. "Os talibáns anuncian un goberno interino, todos membros da milicia islamita". www.crtvg.es. Consultado o 2021-09-07. 
  6. Deutsche Welle. "Talibãs anunciam composição do novo Governo do Afeganistão". dw.com. Consultado o 2021-09-07.