Saltar ao contido

A gran travesía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A gran travesía
Título orixinalLa Grande Traversée
Autor/aRené Goscinny
Ilustrador/aAlbert Uderzo
CubertaAlbert Uderzo
Orixe Francia
Linguafrancés
ColecciónAstérix
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia Dargaud
Galicia Editorial Galaxia
Data de pub.Francia 1975
Galicia 1996
FormatoTapas duras
Páxinas50
ISBNISBN 84-8288-041-1
Precedido porO regalo do César
Seguido porObélix et Compagnie
TraduciónAntonio Pichel (1996)
editar datos en Wikidata ]

A gran travesía[1] (en francés: La Grande Traversée) é o vixésimo segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración),[2][3] e publicado orixinalmente no ano 1975. En 1994, estreouse o filme animado Astérix en América, baseado nesta historia.

Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996.[1][4]

Astérix e Obélix saen pescar peixe fresco para o druída Panorámix, xa que é un ingrediente esencial para a apócema máxica. No medio do mar, unha treboada lévaos lonxe da Galia, até que atopan unha terra descoñecida poboada per unha tribo estraña e per uns paxaros ós que chaman "gluglú" (pavos). Un tempo despois, un explorador viquingo chega a esta terra nova.

  1. 1,0 1,1 A gran travesía. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-041-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. "La Grande Traversée - Astérix - Le site officiel". www.asterix.com (en francés). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  3. René Goscinny - Asterix and the Great Crossing - Hachette Children's Group (en inglés). 
  4. "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]