Saltar ao contido

A Eirexiña, Buciños, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Eirexiña

Vista xeral do lugar
ParroquiaBuciños
ConcelloCarballedo
Coordenadas42°32′54″N 7°52′12″O / 42.54830556, -7.87005556
Poboación4 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

A Eirexiña é un lugar da parroquia de Buciños que se localiza no concello de Carballedo da comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 4 habitantes (2 mulleres e 2 homes).

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome é un diminutivo de eirexe -igrexa- do latín ecclesiae [1]. Ningunha outra localidade de Galicia se chama Eirexiña.

A maioría da xente na zona di Airexiña, igual que di aira por eira.

Alcumes populares en Buciños

[editar | editar a fonte]
Fidalguía en Lendorrío;

Letrados, os de Trasar;

Touciñeiros, en Loureiro de Arriba;

Mantequeiros, en Loureiro de Abaixo;

Paxareiros, os do Coedo;

Manteleiros, en Surrego;

Noveleiros, en Trasmonte;

Galiñas chocas, no Barrio;

Esparabanos, na Torre;

Borristas, os de San Trocado;

E Fantesía, na Eirexiña;

E calcapelicos, os de Vidueiros[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Buciños

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Buciños no concello de Carballedo (Lugo)

Alén do Río | A Barreira | O Barrio | Buciños | A Casa Grande | O Coedo | A Corna | A Corveira de Baixo | A Eirexiña | Loureiro de Baixo | Loureiro de Riba | O Outeiro de Buciños | O Porto | San Trocado | Surrego | A Torre | Trasar de Sabugueiro | Trasmontes

Parroquias de Carballedo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 124. ISBN 84-7041-041-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]