Reinante, Barreiros
Reinante | |
---|---|
![]() Casa de indianos á beira da N-634. | |
Concello | Barreiros[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°32′34″N 7°10′16″O / 43.5427, -7.171Coordenadas: 43°32′34″N 7°10′16″O / 43.5427, -7.171 |
Poboación | 165 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Reinante é unha parroquia do concello de Barreiros que se atopa na Mariña Oriental, no norte de Galiza. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (73 mulleres e 73 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.
Limita coa parroquia de A Devesa (Ribadeo) ó oeste e ó sur, ó norte, co Cantábrico e ó leste con S. Miguel de Reinante, Barreiros.
A esta parroquia de Santiago de Reinante pertence parte da praia de Arealonga, onde na festividade parroquial de Santiago (o 25 de xullo) acostuma ter lugar o concurso de esculturas na area.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Barreiros.
Vista da zona máis poboada de A Devesa, Ribadeo dende o Chao do Comado (Monte Penalonga).
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Reinante[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Reinante no concello de Barreiros (Lugo) | |
---|---|
O Barreiro | A Barrosa | A Cruz | O Foro | A Proída | A Torre | Vista Alegre |