Saltar ao contido

7ª edición dos Óscar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A 7.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 27 de febreiro de 1935 no Biltmore Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Irving S. Cobb. Por primeira vez a Academia estandarizou a práctica de que o período de elixibilidade sería o ano precedente (1 de xaneiro a 31 de decembro de 1934).

Esta edición foi a primeira de dúas nas que se permitiu votar a candidatos que non estaban nomeados (en inglés, write-in candidates) en resposta á non candidatura de Bette Davis pola súa interpretación en Of Human Bondage.

It Happened One Night foi o primeiro filme que gañou as cinco categorías principais (filme, dirección, actor, actriz e guión). Shirley Temple recibiu un Óscar xuvenil con seis anos, a persoa máis nova que recibiu un Óscar.

Frank Capra, mellor dirección e mellor filme
Harry Cohn, mellor filme
Clark Gable, mellor actor
Claudette Colbert, mellor actriz
Walt Disney, mellor curtametraxe de animación
Cedric Gibbons, mellor dirección artística
Shirley Temple, Óscar xuvenil

Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[1]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor argumento Mellor guión adaptado
Mellor curtametraxe, comedia Mellor curtametraxe, novidade
Mellor curtametraxe de animación Mellor dirección de arte
Mellor banda sonora orixinal Mellor canción
Mellor fotografía Mellor axudante de dirección
Mellor son Mellor montaxe

Oscar Xuvenil

[editar | editar a fonte]
  1. "The 7th Academy Awards (1935) Nominees and Winners". Oscars.org (Academy of Motion Picture Arts and Sciences). Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2011. Consultado o 2011-08-07. 
  2. "Oscar Awards database". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
Predecesor:
6ª edición dos Óscar
Premios Óscar
7ª edición dos Óscar
Sucesor:
8ª edición dos Óscar