W. S. Van Dyke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
W. S. Van Dyke
Nome completoWoodbridge Strong Van Dyke II
Nacemento21 de marzo de 1889
LugarSan Diego (California)
Falecemento5 de febreiro de 1943 (53 anos)
LugarOs Ánxeles (California)
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
RelixiónCiência Cristã
PaiWoodbridge Strong Van Dyke
Cónxuxe(s)Zina B Ashford (1909-1935)
Ruth Mannix (1935-1943)
ProfesiónDirector, guionista
Na rede
IMDB: nm0886754 Allocine: 77435 Allmovie: p115062 TCM: 349773
WikiTree: Van_Dyke-926 Find a Grave: 19787 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Woodbridge Strong "Woody" Van Dyke, Jr., nado en San Diego (California) o 21 de marzo de 1889 e finado nos Ánxeles o 5 de febreiro de 1943 foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en California, Van Dyke foi actor infantil no circuíto de vodevís. Durante os primeiros anos da súa vida adulta mudouse segundo cambiaba de traballo ata chegar a Hollywood. O seu primeiro emprego no cinema foi como axudante do director D.W. Griffith no filme Intolerance (1916). Ese mesmo ano interpretou a Charles Dickens no filme perdido Oliver Twist, no que tamén foi axudante do director.

Coa chegada do cinema sonoro converteuse nun dos directores máis responsables da Metro-Goldwyn-Mayer. Foi coñecido como "One-Take Woody" ou "One-Take Van Dyke" (“Woody-Unha-Toma”), pola rapidez coa que completaba as súas tarefas e para a MGM dirixiu todo tipo de xéneros cinematográficos. Foi candidato ao Oscar ao mellor director por The Thin Man (1934) e San Francisco (1936). Outros dos seus filmes máis recoñecidos foron "Eskimo/Mala the Magnificent", White Shadows in the South Seas e Tarzan the Ape Man (1932).

Ascendido a comandante antes da segunda guerra mundial, Van Dyke estableceu un centro de recrutamento dos marines no seu despacho da MGM, e foi das primeiras figuras de Hollywood en pedir a entrada dos Estados Unidos na guerra.

Ao final da súa vida estaba enfermo de cancro e con problemas no corazón. Devoto cristián científico, rexeitou a maior parte dos coidados nese tempo. Tras rematar o seu último filme, despediuse da súa muller, os seus fillos e do xefe do estudio, Louis B. Mayer, e suicidouse o 5 de febreiro de 1943.[1][2] Segundo a súa petición, Jeanette MacDonald e Nelson Eddy cantaron e oficiaron no seu funeral.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "W. S. Van Dyke Dies, Film Director, 53". New York Times. 6 de febreiro de 1943. Consultado o 17 de xullo de 2009. 
  2. Hillman, Bill; Hillman, Sue-On. "The Edgar Rice Burroughs Library - Shelf UV1". Consultado o 19 de abril de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]