Umbrete
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Sevilla | ||||
| Capital | Umbrete | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9.455 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 12 km² | ||||
| Altitude | 121 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Joaquín Fernández Garro (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 41806 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 41094 | ||||
| Sitio web | umbrete.es | ||||
Umbrete é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía (España).
Xeografía
[editar | editar a fonte]No ano 2005 contaba con 5.797 habitantes. A súa extensión é de 12 km² e ten unha densidade de 483,1 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 22' N, 6º 09' W. Atópase situada a unha altitude de 121 metros e a 15 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.
A súa principal actividade económica é o agro, principalmente a oliva, aínda que tamén ten loxicamente peso a construción e o sector servizos.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que hai quen a remonta a época turdetana, o primeiro testemuño histórico da existencia dun lugar habitado é baixo o reino árabe. Cando o rei castelán Fernando III quería tomar a veciña Sevilla, debeu controlar antes estes territorios, que serían repoboados posteriormente baixo o mandato do seu fillo Afonso X.
En 1261 este monarca dóalle Umbrete ao cabido eclesiástico e ao arcebispo de Sevilla por 3.000 marabedís; a doazón non prospera ata ao ano 1262, cando Umbrete pasa a ser un dominio exclusivo do arcebispado. Os conflitos das zonas fronteirizas obrigan unha nova carta de repoboación en 1313.
A chegada ao arcebispado en 1722 de Luis Salcedo Azcona, quen viña de ser arcebispo de Compostela, produciu importantes mudanzas: Salcedo mandou construír a igrexa da Consolación, e mais reformar o pazo arcebispal, que se converteu na residencia de verán do prelado. Tras a desamortización, o arcebispo perdeu o dominio sobre Umbrete, se ben conservou a titularidade sobre o edificio do pazo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Umbrete |
- Páxina web oficial de Umbrete
- «Umbrete», en Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía, Instituto de Estatística de Andalucía.
