Ennepetal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ennepetal
Ennepetal {{}}
DEU Ennepetal COA.svg
Situación xeográfica
País Alemaña Alemaña
'
Xeografía
Altitude msnm
Poboación
Poboación
Densidade 521
Información
Código postal 58256
Alcalde Wilhelm Wiggenhagen
Páxina web http://www.ennepetal.de

Ennepetal é unha cidade alemá, pertencente ao estado federal de Renania do Norte-Westfalia. Está situada ao sur da rexión do Ruhr e pertencente ao distrito de Ennepe-Ruhr-Kreis.  

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Ennepetal está a unha altura de entre 170 e 390 metros sobre o nivel do mar.

Está formada por nove barrios ou zonas: Altenvoerde (3.802 hab.), Bülbringe/Oberbauer (1.535 hab.), Büttenberg (3.467), Hasperbach (1.283), Königsfeld (1.140), Milspe (10.055), Oelkinghausen (574), Rüggeberg (1.532) e Voerde (7.604) (censo do 1 de agosto de 2011).

As cidades veciñas de Ennepetal son; Hagen, Breckerfeld, Radevormwald, Wuppertal, Schwelm e Gevelsberg.

Goberno municipal[editar | editar a fonte]

Corporación municipal[1]
Partidos políticos Escanos
2009 2004 1999
CDU 14 15 18
SPD 14 15 13
Bündnis 90/Die Grünen 4 4 3
FDP 4 3 3
FWE/EWG 2 5 5
Die Linke 1 0 0
NPD 1 0 0

O partido CDU fraccionouse en outubro de 2012, abandonando o partido seis dos seus catorce concelleiros, que formaron o grupo "CDE" (Demócratas Cristiáns Ennepetal). En febreiro de 2013, unha concelleira da CDU pasou a formar parte do grupo municipal da FDP. Entre abril e maio de 2013, catro concelleiros da CDU pasaron a formar parte da FWE. En setembro de 2013 morre un concelleiro da CDE e o seu sucesor volve á CDU. O 31 de outubro o grupo municipal da CDU decide disolverse e os catro concelleiros mantiveron os seus escanos. A CDE pasou a chamarse a partir do 1 de novembro CDU. Tres ex-concelleiros da disolta CDU pasan a ser concelleiros non-adscritos. O concelleiro do partido de extrema dereita NPD, abandonou o partido, mantendo o seu acta de concelleiro e pasa a formar parte de Pro-NRW (partido tamén de extrema dereita). En 2013 abandonou a corporación municipal ao mudarse a outra cidade. O concelleiro de Die Linke (A Esquerda) abandonou o partido en xuño de 2011 e pasou a formar parte de Piratenpartei (Partido Pirata).

O alcalde da cidade é Wilhelm Wiggenhagen, candidato da CDU e que obtivo o 42,2% dos votos nas eleccións de 2009.

O primeiro alcalde foi, entre 1949-1952 Fritz Textor (FDP), seguido por Walter Sondermann (SPD 1952-1970), Ewald Rettberg (1970-1981), Harald Wolf (SPD 1981-1984), Friedrich Döpp (CDU 1984-1989), August Born (EWG/FWE 1989-1994), Gerhard Dessel (1994-1998) e Michael Eckhardt (1998-2008).

Cultura[editar | editar a fonte]

Museos e monumentos[editar | editar a fonte]

Ennepetal conta co "Strassenindustriemuseum", con exposicións que se atopan ao longo de toda a cidade.

No cumio do Hinnenberg, no barrio de Voerde, atópase o Volkssternwarte Ennepetal, un observatorio, que ofrece visitas e observación astronómicas regularmente.

Hai diferentes monumentos ou construcións, podemos encadrar nelas a Gut Ahlhausen (casería de construción barroca), a igrexa evanxélica Kirche Milspe, o antigo cemiterio de Rüggenberg, a estación de Gevelsberg (unha das máis vellas no seu arte en Renania do Norte).

A cidade contra cunha Escola de Música propia, que se atopa na Rúa Esbecker Strasse.

Desde 1980, ten lugar a principios de decembro o Christmas Rock Night. Un festival de Rock Cristian, que na última edición contou con case trinta grupos internacionais e preto de 2.000 visitantes.

Deporte[editar | editar a fonte]

Cada ano ten lugar no Bremenstadion un torneo internacional de fútbol. Desde 2007 chámase Spax Cup. Ademais do equipo local, Tus Ennepetal 1911, tamén participan os equipos xuvenís dos equipos profesionais nacionais e internacionais. Algúns dos xogadores que participaron neste torneo foron: Paul Scholes e David Beckham ou Jürgen Klinsmann.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ennepetal Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]