Wikimedista do ano

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wikimedista do ano
Tipopremio e wikiclub
Data de fundaciónagosto de 2011
editar datos en Wikidata ]

O Wikimedista do ano é un recoñecemento anual que honra aos editores de Wikipedia, e doutros proxectos de Wikimedia, por teren conseguidos logros importantes dentro do movemento Wikimedia.[1] O premio foi estabelecido en agosto de 2011 polo fundador de Wikipedia, Jimmy Wales,[1] quen escolle os premios e hónraos en Wikimania, unha conferencia anual da Fundación Wikimedia, agás en 2020, 2021 e 2022 cando os destinatarios foron anunciados en reunións en liña por mor da pandemia de COVID-19.[1] Entre os anos 2011 e 2017 o premio foi nomeado Wikipedista do ano.[1]

En 2011, o primeiro título de Wikimedista do ano foille concedido a Rauan Kenzhekhanuly, un emprendedor casaco, polo "seu traballo en construír unha sólida Wikipedia en lingua casaca".[1] O ano seguinte, foi galardoado un editor de Wikipedia identificado como "Demmy" por crear un bot que traduciu arredor de 15 000 artigos curtos en inglés ao yoruba, unha lingua falada en Nixeria.[1] En 2013 Rémi Mathis de Wikimédia France e da Wikipedia en francés foi nomeado polo seu papel nun controvertido artigo, e en 2014, o premio foille concedido postumamente a un activista ucraíno, Ihor Kostenko, quen promociouno activamente a Wikipedia en ucraíno en redes e páxinas sociais antes de ser asasinado nunha protesta.[2][3] Wales nomeou un gañador sen revelar a súa identidade en 2015, e agarda poder contar a súa historia algún día. En 2016, entregouse o primeiro premio de maneira conxunta, sendo outorgado a Emily Temple-Wood e Rosie Stephenson-Goodknight polos seus esforzos en combater o acoso en Wikipedia e incrementar a presenza da muller.[4][5] Outros gañadores foron Felix Nartey, Farhad Fatkullin, Emna Mizouni e Sandister Tei.

Alén do premio principal, Susanna Mkrtchyan e Satdeep Gill foron os primeiros en recibir mencións de honra no ano 2015.[6][7] Dende 2015, entregáronse sete mencións de honra. O premio foi ampliado en 2021 con categorías adicionais, incluíndo "Colaborador Multimedia do ano", "Acabado de chegar do ano", "Colaborador técnico do ano" e "Laureado de Wikimedia".

Lista dos gañadores[editar | editar a fonte]

Lista de gañadores do Wikimedista do ano
Ano Imaxe Gañador Proxecto principal Motivo Ref(s)
2011 Rauan Kenzhekhanuly Wikipedia en casaco Kenzhekhanuly recrutou unha comunidade estábel para mellorar a Wikipedia en casaco, que nun ano medrou de 4 a máis de 200 editores activos, e de 7 000 a 130 000 artigos. Wales foi criticado polos seus compañeiros wikipedistas por mor das relacións de Kenzhekhanuly co goberno de Casaquistán. Wales declarou en Reddit en 2015 que non tiña coñecemento das relacións de Kenzhekhanuly co goberno casaco e dixo que se tivese sabido que Kenzhekhanuly ía converterse en gobernador dunha rexión do seu país, tería "rexeitado darlle o premio".[8] [1]
[9]
2012
"Demmy" Wikipedia en yoruba Demmy creou un bot para traducir 15 000 artigos curtos en inglés á lingua yoruba, unha lingua falada en Nixeria. [1]
2013 A man with short hair in a black coat wearing glasses. Rémi Mathis Wikipedia en francés Mathis, presidente de Wikimédia France e administrador da Wikipedia en francés, quen recibiu a honra polo seu papel na controversia arredor do artigo Estación de radio militar de Pierre-sur-Haute. [10]
[11]
2014 A man wearing an orange with blue stripes jersey. Ihor Kostenko Wikipedia en ucraíno Kostenko, un activista do Euromaidan, foi un editor da Wikipedia en ucraíno, a cal promocionou activamente en redes sociais. Foi asasinado durante unha protesta o 20 de febreiro de 2014, e recibiu o premio de maneira póstuma. [2]
[12]
2015
non revelado Wales nomeou un editor anónimo in pectore, e agarda poder revelar algún día as razóns polas que gañou sen poñer en perigo ao destinatario. [7]
2016 A woman wearing aquamarine top and smiling. Emily Temple-Wood Wikipedia en inglés As primeiras gañadoras conxuntas polos seus esforzos para combater o acoso en Wikipedia e facer medrar a cobertura dos contidos de mulleres. Temple-Wood creou preto de 400 artigos e mellorou centos máis, moitos dos cales tratan sobre mulleres científicas e sobre a saúde da comunidade LGBT e das mulleres. Stephenson-Goodknight mellorou máis de 3 000 artigos, creou conxuntamente un espazo de benvida a novos contribuidores e cofundou proxectos de extensión para mulleres, incluíndo "WikiWomen's User Group", "WikiProject Women" e a campaña "Women in Red". [4]

[13]

[14]

[5]

Rosie Stephenson-Goodknight Wikipedia en inglés
2017 Felix Nartey Wikipedia en inglés Nartey recibiu o premio pola súa colaboración de contido sobre o seu país de orixe, Ghana, e por liderar varias iniciativas para promover a importancia de editar Wikipedia. Na súa dedicación, Wales mencionou que Nartey desempeñou un papel de liderado na organización da segunda conferencia Wiki Indaba 2017 en Accra, Ghana, e foi fundamental na construción das comunidades locais en África. [15]
2018 Farhad Fatkullin Wikipedia en tártaro En 2009, Fatkullin uniuse ao movemento Wikimedia. Descríbese a si mesmo como un "namorado da Wikipedia en tártaro". Dende 2015, Fatkullin contribuíu en diferentes linguas de Rusia, entre elas a lingua tártara. [16]
2019 Emna Mizouni Wikipedia en árabe En 2013, Mizouni fundou Carthagina xunto con outras persoas. Comezou a contribuír a proxectos Wikimedia en 2013 con Wiki Loves Monuments. Axudou a organizar diversas conferencias importantes de Wikimedia, incluíndo a conferencia inaugural WikiArabia, sendo copresidenta do comité de Wikimania 2018. En 2016, uniuse ao Affiliations Committee e en 2018, converteuse na súa vicepresidenta. [17]
2020 Sandister Tei Wikipedia en inglés Tei contribuíu activamente na creación de artigos en Wikipedia sobre o impacto da pandemia da COVID-19 en Ghana. [18]
2021 Alaa Najjar Wikipedia en árabe Foi homenaxeado na conferencia Wikimania 2021, que se celebrou virtualmente, polo seu traballo na Wikipedia en árabe e polo seu traballo para desenvolver proxectos médicos, especialmente o proxecto COVID-19. [19]
2022 Olga Paredes Wikipedia en castelán Paredes foi homenaxeada na conferencia virtual Wikimania 2022 polo seu liderado en comunidades como Wikimujeres e Wikimedistas de Bolivia, e por alentar a outras persoas, especialmente ás mulleres, a facer medrar o movemento Wikimedia. [20]
2023 Taufik Rosman Wikidata, Wikicionario en malaio Taufik foi homenaxeado na conferencia Wikimania de 2023 en Singapur polas súas enormes achegas ao Wikicionario en malaio e pola axuda prestada para fomentar unha comunidade positiva de editores de Wikimedia malaisianos. [21]

Mencións de honra[editar | editar a fonte]

Lista de mencións honoríficas de Wikimedista do ano.
Ano Imaxe Gañador Proxecto principal Motivo Ref(s)
2015 A woman with short hair wearing a black top with white drawings. Susanna Mkrtchyan Wikipedia en armenio Mkrtchyan é membro da xunta directiva de Wikimedia Armenia. Foi galardoada polas súas actividades fóra da wiki, incluíndo "One Armenian – One Article", unha campaña de edición e un proxecto de campamento xuvenil para axudar aos novos editores de Armenia. [6]
A Asian man with blue shirt with a small beard smiling Satdeep Gill Wikipedia en punjabi (oriental) Gill é un colaborador hindú Wikipedia en punjabi. Foi premiado por animar á xente da súa universidade a editar a Wikipedia en punjabi, converténdoa na Wikipedia en lingua india de máis rápido crecemento ese ano. [7]
2016 A man with a sweater looking in front of camera. Mardetanha Wikipedia en persa Mardetanha creou a versión en persa da "Biblioteca Wikipedia", que axuda aos editores a atopar fontes de artigos. Tres editoriais doaron o acceso da investigación aos seus traballos aos editores. [22]
A woman wearing necklace with glasses and smiling. Vassia Atanassova Wikipedia en búlgaro Atanassova estabeleceu o reto "#100wikidays", que desafiou aos editores a crear un artigo da Wikipedia ao día durante cen días. Máis de 120 colaboradores uníronse ao concurso e un terzo deles completárono.
2017 Diego Gómez Estudante colombiano que foi procesado por violación dos dereitos de autor logo de compartir un traballo académico en liña. Posteriormente foi absolto. [23]
[24]
2018 A Asian man wearing glasses looking in front of camera. Nahid Sultan Wikipedia en bengalí Sultan é un membro activo de Wikimedia Bangladesh. [25]
[26]
A woman wearing a white sweatshirt, glasses and smiling. Jess Wade Wikipedia en inglés Wade é unha física que se esfrozou durante un ano para crear artigos na Wikipedia sobre científicas e enxeñeiras que "representen mellor ás mulleres e ás persoas de cor". En febreiro de 2020, escribira máis de 900 artigos novos. [27]
[28]
[29]
2021 Netha Hussain Wikipedia en inglés e Wikipedia en malayalam Netha é unha médico orixinaria da India. Ela proporcionou valiosas achegas ao contido médico en proxectos de Wikimedia, centrando gran parte do seu esforzo durante 2020-21 na cobertura da pandemia de COVID-19. Tamén iniciou o Proxecto "Vaccine Safety Project" para abordar a desinformación sobre as vacinas contra a COVID-19. [30]
Carmen Alcázar Wikipedia en castelán Alcázar foi recoñecida polo seu traballo para reducir o nesgo de xénero na Wikipedia en castelán. [31][32]
2022 Anna Torres Wikipedia en castelán Torres é a directora executiva de Wikimedia Arxentina, mais o seu recoñecemento na categoría de Mencións de Honra é polos seus esforzos por crear unha rede de apoio internacional para facer medrar e construír capacidade para comunidades en toda América Latina, así como polas súas achegas aos procesos de cambio, como a 2030 Wikimedia Movement Strategy. [20]
2023 Anton Protsiuk Wikipedia en ucraíno Protsiuk é o coordinador de programas en Wikimedia Ucraína. [21]

Acabado de chegar do ano[editar | editar a fonte]

O premio ao Acabado de chegar do ano foi presentado por primeira vez en 2021.

Lista de galardoados co premio Acabado de chegar do ano
Ano Imaxe Gañador Proxecto principal Motivo Ref(s)
2021 Carma Citrawati WikiPustaka [33]
2022 Nkem Osuigwe Cunha conta que comezou en 2019, a doutora Nkem Osuigwe axudou a iniciar unha asociación con institucións de información e bibliotecas africanas en 2020, traballando cunha rede profesional existente para xerar máis de 27.000 edicións e sumando. [20]
2023 Eugene Ormandy Wikipedia en xaponés [21]

Laureado Wikimedia (anteriormente homenaxeado polo 20º aniversario)[editar | editar a fonte]

O premio polo 20º aniversario foi entregado por primeira vez en 2021. En 2022, o premio pasou a chamarse como Laureado Wikimedia.[34]

Lista de gañadores do premio
Ano Imaxe Gañador Proxecto principal Motivo Ref(s)
2021 Lodewijk Gelauff Wiki Loves Monuments Arquivado 21 de novembro de 2020 en Wayback Machine. Lodewijk é un prolífico colaborador, mentor de moitos wikimedistas e voluntario de moitos grupos e esforzos comunitarios. É un dos iniciadores de Wiki Loves Monuments, o concurso fotográfico anual da Wikipedia arredor do patrimonio cultural, e lidera este proxecto durante unha década.[35] [36]
2022 Andrew Lih Andrew é un experto en Wikipedia de renome internacional, autor, profesor, activista de GLAM e colaborador de Wikimedia desde hai moito tempo. O seu traballo inspirou a individuos e grupos no movemento Wikimedia, especialmente en Norteamérica e na rexión ESEAP. [20]
Deror Lin Wikipedia en hebreo, Wikimania Deror é un prolífico colaborador que se remonta á fundación da Wikipedia. Escribiu máis do 2% de toda a Wikipedia en hebreo. Participou en moitos desafíos de 100 wikidays, especialmente para a Wikipedia en hebreo, e achegou milleiras de imaxes. Tamén foi un organizador clave de varias Wikimanias. [20]
2023 Siobhan Leachman WikiProxecto Nova Zelandia [21]

Colaborador Tecnolóxico do ano (anteriormente Innovador Tecnolóxico)[editar | editar a fonte]

O premio Innovador Tecnolóxico presentouse por primeira vez en 2021. A distinción pasou a chamarse Colaborador Tecnolóxico do ano en 2022.

Lista de gañadores do Colaborador Tecnolóxico do ano
Ano Imaxe Gañador Proxecto principal Motivo Ref(s)
2021 =User:Jayprakash12345 during Wikimania 2019. Jay Prakash Desenvolvemento e soporte informático e de software [37]
2022 Taavi Väänänen Taavi foi un colaborador voluntario fundamental dos Servizos na nube de Wikimedia, incluíndo Toolforge e Cloud VPS, pezas clave de infraestrutura que permiten aos membros da comunidade albergar os seus bots, ferramentas e outros proxectos de software relacionados coa Wikimedia. Tamén axuda a manter a extensión CentralAuth MediaWiki, que permite aos usuarios utilizar unha única conta de usuario en todos os sitios públicos de Wikimedia. [20]
2023 Zabe [21]

Colaborador Multimedia do ano (anteriormente Rich Media)[editar | editar a fonte]

O premio Rich Media presentouse por primeira vez en 2021. A distinción pasou a chamarse Colaborador Multimedia do ano en 2022.

Listas de gañadores do premio Colaborador Multimedia do ano
Ano Imaxe Gañador Proxecto principal Motivo Ref(s)
2021 Ananya Mondal Wikimedia Commons [37][38]
2022 Annie Rauwerda Annie utiliza medios creativos nas redes sociais para difundir os proxectos de Wikimedia e as comunidades que os impulsan. Ela comezou a conta Depths of Wikipedia que ten agora máis de 1,5 millóns de seguidores en Instagram, Twitter e TikTok. [20]
2023 Pax Ahimsa Gethen [21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Morris, Kevin (26 de abril de 2013). The Daily Dot, ed. "Winners of Wikipedia's biggest award still haven't received prize money". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Kyiv Post, ed. (14 de setembro de 2014). "Ukraine Today: Ihor Kostenko given posthumous annual award (VIDEO)". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  3. Stulen, Catherine (21 de febreiro de 2014). "Если что-то случится, скажи, что я ее люблю". ВЕСТИ (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "Emily Temple-Wood macht Wikipedia weiblicher". Geo (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Zahneis, Megan (19 de xullo de 2018). "Some Colleges Cautiously Embrace Wikipedia". Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Վիքիպեդիայի հիմնադրի անակնկալը Սուսաննա Մկրտչյանին". MediaMax (en armenio). 29 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Sutherland, Joe (31 de xullo de 2015). Wikimedia Foundation, ed. "2015 Wikipedians of the Year unveiled in Mexico". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  8. Michel, Casey G. (2 de abril de 2015). "Wikipedia Founder Distances Himself from Kazakhstan PR Machine". EURASIANET.org. Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  9. Orlowski, Andrew (22 de decembro de 2014). The Register, ed. "What's Jimmy Wales going to do with $500k from the UAE?". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  10. "Rémi Mathis". École nationale des chartes (en francés). 19 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  11. Geuss, Megan (6 de abril de 2013). "Wikipedia editor allegedly forced by French intelligence to delete "classified" entry". Ars Technica. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2013. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  12. Savchuk, Iryna (15 de agosto de 2014). Kyiv Post, ed. "Ukrainian from the Heavenly Hundred becomes Wikipedian of the Year". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 20 de maio de 2017. 
  13. Gordon, Maggie (9 de novembro de 2017). "Wikipedia editing marathons add women's voices to online resource". Houston Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2018. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  14. D’Alterio, Emily (12 de marzo de 2019). "Women in culture and tech: Rosie Stephenson-Goodknight, academic, Wikipedian and champion of 'impractical' girls". Europeana Pro. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  15. Ofori-Boateng, Pamela (29 de agosto de 2017). "Felix Nartey named Wikimedian of the Year 2017!". Classic Ghana. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2017. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  16. "Татарстанец Фархад Фаткуллин стал". Tatar-inform (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 29-06-2020. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  17. Nadiya, Jennene (17 de outubro de 2019). "Emna Mizouni, première femme arabe à obtenir le prix "Wikimédienne de l'année"". Tunisie Haut Debit (en francés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020. 
  18. Quist, Ebenezer (16 de outubro de 2020). Yen.com.gh, ed. "Ghanaian lady awarded by Wikipedia as its worldwide best worker for 2020" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  19. "Arab medical professional Alaa Najjar honoured by Wikipedia for Covid-19 coverage". The National. Consultado o 2021-08-17. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 Foundation, Wikimedia (2022-08-14). "Celebrating the 2022 Wikimedians of the Year!". Diff (en inglés). Consultado o 2022-08-14. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 21,5 Foundation, Wikimedia (2023-08-16). "Celebrating the 2023 Wikimedian of the Year Winners". Diff (en inglés). Consultado o 2023-08-16. 
  22. Erhart, Ed (24 de xuño de 2016). "Jimmy Wales names Emily Temple-Wood and Rosie Stephenson-Goodknight as Wikipedians of the Year". Diff. Wikimedia Foundation. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  23. Harmon, Elliot (21 de decembro de 2017). "Diego Gómez Is Safe, but Threats to Curiosity Still Abound". Electronic Frontier Foundation. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  24. Wikimania 2017 Closing Ceremony (en inglés). Wikimedia Foundation. 17 de agosto de 2017. Escena en 17:30. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2020 – vía YouTube. 
  25. Koebler, Jason (27 de abril de 2016). "Wikipedia's Piracy Police Are Ruining the Developing World's Internet Experience". Vice. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  26. Elsharbaty, Samir (26 de xullo de 2018). "Farhad Fatkullin named Wikimedian of the Year for 2018". Diff. Wikimedia Foundation. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  27. "Una scienziata al giorno". PressReader. 12 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  28. Evans, Jocelyn (11 de febreiro de 2020). "Physicist writes 900 Wikipedia entries to boost diversity in science". ITV News. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 27 de maio de 2020. 
  29. Devlin, Hannah (24 de xullo de 2018). "Academic writes 270 Wikipedia pages in a year to get female scientists noticed". The Guardian. ISSN 0261-3077. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  30. Foundation, Wikimedia (2021-08-15). "Meet Netha Hussain: Wikimedian of the Year 2021 Honourable Mention winner". Diff (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-08-15. Consultado o 2021-08-15. 
  31. Foundation, Wikimedia (2021-08-15). "Meet Carmen Alcázar: Wikimedian of the Year 2021 Honourable Mention winner". Diff (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-08-15. Consultado o 2021-08-15. 
  32. Riquelme, Rodrigo (2021-08-15). "Una mexicana gana mención honorífica en los premios al Wikimedista del 2021" [A Mexican woman wins honorable mention in the 2021 Wikimedista Awards]. El Economista (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2021-10-19. Consultado o 2021-08-17. 
  33. Foundation, Wikimedia (2021-08-15). "Meet Carma Citrawati: Wikimedian of the Year 2021 Newcomer of the Year winner". Diff (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-08-15. Consultado o 2021-11-16. 
  34. Pourzaki, Mehrdad (18 de xullo de 2022). "Who will be the 2022 Wikimedian of the Year?". Wikimedia Foundation. Consultado o 12 de agosto de 2022. 
  35. Meet the 2021 Wikimedians of the year
  36. Interview with Lodewijk Gelauff
  37. 37,0 37,1 Sharma, Unnati (2021-08-17). "3 Indians win Wikimedia awards for helping provide free, accessible knowledge on the internet". ThePrint (en inglés). Consultado o 2021-08-17. 
  38. "Meet Ananya Mondal: Wikimedian of the Year 2021 Rich Media winner". diff.wikimedia.org. 15 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]