Wikimedia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Artigo nos seus primeiros pasos: Esta páxina é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nela e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
(De ser posíbel, será mellor substituír este marcador por outro máis específico)
Logo da Fundación Wikimedia.
Logo da Fundación Wikimedia.

A Wikimedia Foundation, Inc. (Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wikcionario), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikilibros), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos. A súa existencia foi anunciada polo antigo director xeral de Bomis e cofundador da Wikipedia, Jimbo Wales, o 20 de xuño do 2003. A coordinación de todos os proxectos Wikimedia, incluído MediaWiki, está no Meta-Wiki e nas distintas listas de discusións.

O nome da Wikimedia é unha mestura entre wiki e multimedia, este nome foi acuñado por Sheldon Rampton nunha lista de correo en marzo do 2003. Os nomes de dominio http://wikimedia.org e http://wikimediafoundation.org foron adquiridos para a fundación por Daniel Mayer. Os nomes e marcas dos servidores da Wikimedia son de propiedade dos propios proxectos da Wikimedia e MediaWiki. Os colaboradores posúen os contidos baixo a licenza GNU FDL previndo que calquera persoa controle os contidos.

Meta-Wiki
Meta-Wiki
Coordinación
Commons
Commons
Multimedia
Wiktionary
Galizionario
Dicionario
Wikibooks
Galilibros
Libros
Wikisource
Galifontes
Documentos
Wikiquote
Galicitas
Citas
Wikispecies
Wikispecies
Especies
Wikinews
Wikinews
Novas
Wikiversity
Wikiversity
Aprendizaxe

[editar] Ligazóns Externas

Ferramentas persoais