Henry Fairfield Osborn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry Fairfield Osborn

Henry Fairfield Osborn (Fairfield, Connecticut, 18571935) foi un paleontólogo norteamericano, especialista en mamíferos fósiles.

Estudou na Universidade de Princeton, onde foi profesor de anatomía comparada entre 1883 e 1890. En 1891 pasou á Universidade de Columbia como profesor de bioloxía, e de zooloxía dende 1896. Foi presidente do Museo Americano de Historia Natural entre 1908 e 1935, e arriqueceu o museo coa máis importante colección de fósiles do mundo, en parte grazas ás súas expedicións polo oeste dos Estados Unidos. Describiu e denominou ao Tyrannosaurus rex en 1905, o Pentaceratops en 1923 e o Velociraptor en 1924.
Osborn foi partidario da agora desacreditada teoría da ortoxénese e do euxenismo.

En 1910 escribiu o manual The Age of Mammals.