Nickeil Alexander-Walker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nickeil Alexander-Walker
Minnesota Timberwolves – No. 9
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 2 de setembro de 1998 (25 anos)
Ontario Toronto, Ontario
Nacionalidade Canadá
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Vaughan Secondary School
(Vaughan, Ontario)
St. Louis Christian Academy
(St. Louis, Missouri)
Hamilton Heights Christian Academy
(Chattanooga, Tennessee)
Universidade Virginia Tech (2017–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: 1 / Elección: 17
Por Brooklyn Nets
Carreira desde 2019
Historial de equipos
New Orleans Pelicans (2019–2022)
Erie BayHawks (2020)
Utah Jazz (2022–2023)
Minnesota Timberwolves (2023–presente)

Nickeil Alexander-Walker, nado o 2 de setembro de 1998 en Toronto, Ontario, é un xogador de baloncesto profesional canadense que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 20 de xuño de 2019, Alexander-Walker foi escollido na 17ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Brooklyn Nets, e os seus dereitos foron traspasados ós Atlanta Hawks xunto a Allen Crabbe e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio de Taurean Prince e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021.[1] Ese mesmo día, Alexander-Walker foi traspasado de novo, desta vez ós New Orleans Pelicans xunto ós dereitos da 8ª elección Jaxson Hayes, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio dos dereitos da cuarta elección do Draft De'Andre Hunter e Solomon Hill. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019.[2] O día seguinte, Alexander-Walker asinou cos Pelicans.[3] Debutou na NBA cos Pelicans o 22 de outubro de 2019, na derrota de New Orleans por 130–122 contra os Toronto Raptors.[4]

O 8 de febreiro de 2022, Alexander-Walker foi traspasado xunto a Josh Hart, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022 ós Portland Trail Blazers a cambio de CJ McCollum, Larry Nance Jr. e Tony Snell.[5] Un día máis tarde, Alexander-Walker foi traspasado de novo, desta vez ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Atlanta Hawks Acquire Allen Crabbe And Conditional 2020 First-Round Pick From Brooklyn Nets". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  2. "Pelicans acquire rights to Alexander-Walker, Hayes, Silva". NBA.com. 7 de xullo de 2019. 
  3. "Pelicans sign Hayes and Alexander-Walker". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  4. "VanVleet scores career-high 34, Raptors top Pelicans 130–122". ESPN.com. 22 de outubro de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019. 
  5. "Trail Blazers Complete Trade With New Orleans" (Nota de prensa). Portland Trail Blazers. 8 de febreiro de 2022. 
  6. "Jazz Acquire Alexander-Walker and Hernangomez". NBA. Consultado o 9 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]