Tristan da Cunha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tristan da Cunha

Territorio Británico de Ultramar

Bandeira de Tristan da Cunha Escudo de Tristan da Cunha
Bandeira Escudo
Lema: Our faith is our strength (gl:A nosa fe é a nosa forza)
 
Tristan da Cunha location.JPG
 
Capital
 • Poboación
Edimburgo dos Sete Mares

Cidade máis poboada Edimburgo dos Sete Mares
Linguas oficiais
Inglés
Forma de goberno Territorio de Ultramar
Isabel II do Reino Unido

Andrew Gurr
Sean Burns

Dependencia
De Santa Elena, Ascensión e Tristán da Cunha

Desde 1938

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

201 km²

n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto xº
264 (2010)
1'3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Libra esterlina £
Xentilicio n/d
Fuso horario
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico 290
Código ISO
Tódolos países do mundo

Tristan da Cunha[1] é un arquipélago remoto no sur do Océano Atlántico. Latitude 37 ºS, lonxitude 12 ºO. É unha dependencia de Santa Helena, a cal forma parte do Territorio Británico de Ultramar. En 1961, unha erupción vólcánica na illa resultou na evacuación dalgúns habitantes (unha centena) para Gran Bretaña, aínda que moitos regresaron posteriormente. É extremadamente difícil acceder á illa, debido ao seu illamento e o feito de estar rodeada por penedos con máis de 600 metros de altura. Os veciños máis próximos de Tristan da Cunha son a norueguesa illa Bouvet, a sueste, e a illa británica de Xeorxia do Sur, a suroeste.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Tristan Map.png

O arquipélago consiste nas illas de:

A illa principal é bastante montañosa; a única área plana contén a vila de Edimburgh of the Seven Seas, a capital. O punto máis alto, The Peak (2.010 m), fica cuberto de neve no inverno.

Tristán da Cuña é lugar de cría dos albatros errantes (Diomedea exulans).

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación non chega aos 300 habitantes, todos cun dos sete apelidos, con todo os apelidos non son utilizados na práctica. Fálase inglés e a relixión practicada é a anglicana. Existen algúns problemas de saúde debido á endogamia, incluíndo a asma e o glaucoma, consecuencia do casamento inevitable entre casais con grao de parentesco próximo, como por exemplo casamentos entre curmáns en segundo grao, causando un cada vez máis restrinxido recurso xenético.

O arquipélago non posúa aeroporto, tendo apenas un pequeno porto pesqueiro.

Todas as familias Tristán son agricultores, donos do seu propio gando. Toda a terra é de propiedade comunal. Cantidade de gando é estritamente controlada para conservar os pasteiros e evitar que as familias máis acomodadas acumulen riqueza. Á data de 2003, non estaba permitido o establecemento de estranxeiros.

As principais fontes de ingreso de divisas son a fábrica da lagosta e a venda de selos postais e moedas para coleccionistas no estranxeiro. A maioría das persoas teñen dúas ocupacións, a miúdo traballando para o goberno local. Moitos habitantes teñen parcelas de terra (nos parches) na que cultivan patacas.

A televisión non chegou á illa ata o ano 2001, e a única canle dispoñible é o Servizo de Radiodifusión das Forzas Británicas nas Illas Malvinas. Tampouco existen xornais.

Cable and Wireless presta o servizo de telecomunicacións no territorio. Ten o código de chamada internacional 290 desde 2006.

Existe unha escola, un hospital, un posto de correos, un museo, un café, un bar (pub), e unha piscina. Despois dos 16 anos, aqueles que desexan proseguir os estudos poden facelo en Gran Bretaña.

A maior fonte de proveitos externos do arquipélago é a venda de selos para colección. Por esta razón, TA e TAA ten unha reserva excepcional ao abrigo do ISO 3166-1 a pedido da UPU (Unión Postal Universal) para representar Tristán da Cuña. Outra fonte de rendemento é a pesca de lagosta para exportación para o Xapón e EUA.

Vista de Edimburgo dos Sete Mares

Historia de Tristan da Cunha[editar | editar a fonte]

O arquipélago foi descuberto en 1506 polo navegante portugués Tristão da Cunha, que deu o seu nome á illa, aínda que non puido atracar; foi máis tarde anglicizado a Tristan da Cunha nome oficial da illa.

A primeira volta ao arquipélago foi feita pola fragata francesa L'Heure du Berger no 1767. Posteriormente os ingleses exploraron a illa principal e trazaron unha primeira cartografía. Detectouse a presenza de auga nunha grande fervenza de Big Watron e nun lago no Norte da illa, e os resultados foron publicados por un hidrógrafo da Royal Navy en 1781.

O primeiro colono permanente foi Jonathan Lambert, de Salem, Massachusetts, que chegou ás illas en 1810. Declarounas propiedade súa e renomeounas Illas do Refresco (Refreshment). A súa soberanía foi curta, pois morreu nun accidente marítimo en 1812. Con todo, a grande riqueza que conseguiu coa venda de aceite de león mariño a navíos de pasaxe está, suponse, aínda agochada nalgún lugar da illa.

En 1815 os británicos anexaron formalmente as illas, sobre todo como medida para asegurar que os franceses non as puidesen usar como base para unha operación de rescate para liberar Napoleón Bonaparte da súa prisión en Santa Helena.

As illas foron ocupadas por unha guarnición de marines británicos, e a poboación civil foise establecendo gradualmente. Os baleeiros crearon tamén nas illas unha base de operacións no Atlántico Sur. Con todo, a apertura da Canle de Suez en 1869, xunto ca substitución dos buques de vela por buques a vapor, aumentaron o illamento das illas, xa que xa non eran necesarias como porto de parada para as viaxes desde Europa ata o afastado oriente.

En 1867, o príncipe Alfredo, duque de Edimburgo e o segundo fillo da raíña Vitoria, visitou as illas. O principal asentamento, Edimburgo dos Sete Mares, foi nomeado en honra da súa visita. O irmán menor de Lewis Carroll, o reverendo Edwin H. Dodgson, serviu como profesor misioneiro anglicano na escola de Tristán dá Cunha na década de 1880. O segundo duque de Edimburgo, o esposo da raíña Isabel II, visitou as illas en 1957 como parte dunha xira mundial a bordo do iate real Britannia.

O 12 de xaneiro de 1938, por patente de real, as illas foron declaradas unha dependencia de Santa Helena. Antes disto, os barcos que paraban irregularmente na illa por un período de poucas horas.

Durante a Segunda Guerra Mundial, as illas foron utilizadas como estación meteorolóxica e de radio secreta da Mariña Real, para vixiar os barcos U e os movementos alemáns no Océano Atlántico Sur. O primeiro administrador foi nomeado polo goberno británico durante este tempo.

En 1961, unha erupción volcánica obrigou á evacuación de toda a poboación ao campamento do exército en Pendell Merstham, Surrey, Inglaterra, antes de trasladarse a unha antiga estación da Forza Aérea Real en Calshot preto de Southampton, Inglaterra. En 1962, unha expedición da Real Sociedade foi ás illas para avaliar os danos, e informou que o asentamento de Edimburgo dos Sete Mares fora só parcialmente afectado. A maioría das familias regresaron en 1963.

O 23 de maio de 2001, as illas experimentaron un ciclón extratropical que xerou ventos de ata 120 quilómetros por hora. Varias estruturas foron danadas severamente e morreu un gran número de gando, o que provocou a axuda de urxencia do goberno británico.

En 2005, as illas recibiron un código postal do Reino Unido (TDCU 1ZZ) para que sexa máis fácil os pedidos de bens en liña para os residentes.

En 2009 entrou en funcionamento a nova constitución de Santa Helena, Ascensión e Tristán dá Cunha. A nova Constitución substitúe á versión de 1988 e entre outros cambios están as competencias do Gobernador, inclúe unha Carta de Dereitos, establece a independencia do poder xudicial e a administración pública e designa oficialmente ao Gobernador de Santa Helena que, ao mesmo tempo, o Gobernador de Ascensión e de Tristán da Cunha. Tamén se pon fin ao status de "dependencia" de Ascensión e Tristán dá Cunha en Santa Helena

O 16 de marzo de 2011, o cargueiro de bandeira maltesa MS Oliva encallou na illa Nightingale, derramando toneladas de cru pesado no océano.

Ata hoxe, os habitantes de Tristán da Cuña continúan a ser membros da Commonwealth Británica.

A illa deu o nome ao albatros de Tristán, que entre tanto xa se extinguiu no arquipélago.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forma empregadoa pola Enciclopedia Galega Universal
  2. Da web de Tristan da Cunha: "Gough was discovered by the Portuguese Captain Goncalo Alvares probably in 1505 and was originally named after him, being corrupted into the name 'Diego Alvarez' later." Fonte:http://www.tristandc.com/gough.php vista o 10 de decembro de 2013