Tito Quincio Flaminino (cónsul 198 a. C.)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTito Quincio Flaminino

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Titus Quinctius Flamininus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 229 a. C. Editar o valor em Wikidata
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morte174 a. C. Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – valor descoñecido
Cónsul romano
198 a. C. – 198 a. C.
Xunto con: Sexto Élio Peto Cato (pt) Traducir
Cuestor
Censor romano

← Sexto Élio Peto Cato (pt) TraducirLúcio Valério Flaco (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoMiddle Roman Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQuinctii Flaminini (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxevalor descoñecido
FillosTito Quincio Flaminino (cónsul 150 a.C.) Editar o valor em Wikidata
PaisTitus Quinctius Flamininus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
IrmánsLúcio Quíncio Flaminino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Tito Quincio Flaminino (en latín: Titus Quinctius Flamininus) nado no 228 a. C. ou 229 a. C. e finado no 174 a. C., foi un político e militar da República romana que foi nomeado cónsul no 198 a. C.[1] e tivo un papel fundamental na conquista de Grecia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Segundo Aurelio Víctor,[2] era fillo de C. Flaminio, quen morrera na batalla do Lago Trasimeno; mais esta afirmación aparece a partir dunha confusión da gens Flaminia coa familia dos Flaminini da gens Quincia.[3] Era irmán do cónsul Lucio Quincio Flaminino, quen fora tribuno militar no 208 a. C.[4] baixo as ordes de Marco Claudio Marcelo, e posteriormente cuestor, probablemente en Tarento, onde obtivo o imperium (máxima autoridad civil e militar) durante varios anos, a partir de 205 a. C.

Primeiro anos da carreira pública[editar | editar a fonte]

Aparece por primeira vez citado cando, no 201 a. C., foi nomeado decenviro para a organización e repartición de terras terras entre os veteranos de Escipión o Africano, no Samnio e en Apulia.[3] A seguir, no 200 a. C., foi un dos Triumviri coloniae deducendae para a repoboación da colonia de Venusia, que perdera moita poboación durante a guerra con Aníbal.[3] En 199 a. C. foi nomeado cuestor e ao final do ano aspirou ao consulado mais os tribunos da plebe, Marco Fulvio Flaco e Manio Curio,[5] opuxéronse por non ter sido, anteriormente, nin edil in cuestor. Porén, o Senado argumentou que xa tiña idade para ser cónsul polo que podía ser candidato e os tribunos cederon.

Consulado[editar | editar a fonte]

Finalmente, no 198 a. C. foi elixido cónsul xunto con Sexto Elio Peto, malia contar coa oposición dos veteranos aos que dera terras. Tralo sorteo de provincias, a Flaminino tocoulle Macedonia e foi enviado a dirixi-la guerra contra Filipo V de Macedonia e conseguiu o permiso do Senado para recrutar un continxente de 3.000 infantes e 300 cabaleiros como apoio do exército existente, podendo escoller entre aqueles que se distinguiran nas campañas de Hispania e África.[3]

Conflitos[editar | editar a fonte]

Segunda Guerra Macedónica[editar | editar a fonte]

Como no momento da marcha, os auspicios non foron favorables, decidiu quedar un tempo en Roma e, cando mudaron, marchou á súa provincia inmediatamente. Embarcouse en Brundusium cara a Corcira onde deixou as tropas e foi á provincia de Epiro cara ao campamento romano e logo reuniuse co exército e planeou a invasión do Reino de Macedonia.

Decidiu asaltar o paso de Antigonia para o que pediu a axuda do partido romano do Epiro, dirixidos por Carops o Vello (Charops) e durante 40 días loitou contra os macedonios. A seguir, Filipe V de Macedonia comezou a negociar coa mediación dos epirotas e Flaminio esixiu a evacuación de Grecia mais de Tesalia. Mentres tanto descubriuse un paso de montaña oculto que evitaba Antigonia e os romanos atravesárono e avanzaron por detrás das liñas macedonias: Antigonia, atacada polos dous lados, xa non opuxo resistencia e os defensores fuxiron a Tesalia despois de perder dous mil homes. Epiro someteuse a Flaminio e recibiu un tratamento suave.

A seguir, o cónsul avanzou por Tesalia e Filipo seguiu unha política de terra queimada. Flaminino asediou Faloria e aínda que atopou resistencia, conquistouna e impuxo unhas duras condicións como castigo para que servisen de exemplo a outras cidades. Pero como as principais cidades tiñan gornicións macedonias, a medida non foi moi efectiva e ademais, o exército macedonio estaba en Tempe dende onde podía socorrer a calquera cidade.

Flaminino proseguiu coa campaña asediando Carax, preto do Peneu, pero os ataques foron rexeitados e houbo levantar o cerco. Despois, dirixiuse cara a Fócida e ocupou varias cidades entre elas algúns portos para poder comunicarse co seu irmán Lucio Quincio Flaminino, xefe da frota, máis a cidade principal, Elatea, resistiu e detivo o seu progreso. Mentres, Lucio conseguiu a alianza da Liga Aquea, entón dirixida por Aristeneto. Pero Megalópole, Dime e Argos mantivéronse fieis ao Reino de Macedonia. Despois de ocupar Elatea, Flaminino estableceu os seus cuarteis de inverno en Fócida e Locrida. Unha revolta en Opus desaloxou a gornición macedonia e parte dos rebeldes chamaron aos etolios e outros aos romanos que, finalmente, tomaron posesión da cidade, o que molestou aos etolios. A gornición macedonia refuxiouse na acrópole pero non foi atacada.

Tregua temporal[editar | editar a fonte]

Filipo V fixo novas propostas de paz que Flaminino, quen aspiraba a permanecer ao mando un ano máis, aceptou e acordouse unha tregua de dous meses. Nunha reunión no golfo Maliaco, preto de Nicea, que durou tres días, Filipo e Flaminino e mailos seus aliados discutiron a situación. A principal demanda romana e etolia foi a retirada de tódalas gornicións macedonias de Grecia. Flaminino quixo atrasar a resposta e actuou moi políticamente. Polo momento, permitiu o envío de embaixadores macedonios a Roma a cambio da evacuación das restantes posicións en Lócrida e Fócida. Flaminio xa comunicara ao Senado que era necesario esixir a retirada das gornicións macedonias de Grecia (sobre todo as máis importantes de Demetrias, Calcis e Corinto) e os embaixadores macedonios atenderon esta demanda tamén en Roma. Os embaixadores abandonaron a capital e o Senado estendeu o poder a Flaminino por un período indefinido. Conseguido o seu obxectivo, Flaminino declarou que non habería máis conversacións de paz. Filipo V intentou entón aliarse con Nabis de Esparta, quen por aleivosía se apoderara de Argos, quen convidou a Flaminino a unha conferencia naquela cidade onde finalmente se acordou que Nabis sería un aliado romano e que abandonase a guerra contra a Liga Aquea. pero conservaría Argos (aínda que o tratado evitaba esta cláusula). Entón Flaminino dirixiuse contra Corinto onde se esperaba que tamén pasase ao bando romano o tirano Filocles, amigo de Nabis, pero non foi así. Flaminino pasou por Beocia que tivo que renunciar á alianza macedonia e unirse aos romanos, pero a maioría dos beocios con capacidade militar xa estaban servindo no exército macedonio. Só os acarnianos permaneceron leais ao Reino de Macedonia.

Final da guerra[editar | editar a fonte]

Na primavera do 197 a. C., Flaminio abandonou o campamento e comezou a segunda campaña, axudado principalmente por auxiliares aqueos e etolios. Avanzou cara a Ftiòtida e Filipo, á fronte do seu exército, atopouse con el. Un primeiro enfrontamento menor tivo lugar en Feres, que resultou favorable aos romanos. Os dous exércitos dirixíronse cara Farsalia e Escotusa. A continuación seguiu a batalla de Cinoscéfalos na que morreron 8.000 macedonios e 5.000 máis foron feitos prisioneiros e na que Flaminino obtivo unha vitoria completa (só perdeu 700 homes). Toda Tesalia entregouse aos romanos e Filipo pediu a paz. Os etolios levaron a parte principal na vitoria. Flaminíno acordou co rei unha tregua de 15 días e o permiso para iniciar conversacións de paz. Os etolios esixían moito máis e acusaron a Flaminino de ser subornado polo rei macedonio, pero finalmente estas demandas e acusacións fixeron que os etolios non obtivesen moita recompensa pola súa cooperación. Filipo aceptou os termos de paz propostos polos romanos, asinouse unha tregua durante varios meses e enviáronse embaixadas a Roma.

Flaminino restaurou a liberdade dos soldados beocios que servían en Macedonia e deu o posto de Beotarca a un comandante tebano do exército macedonio (que pronto sería asasinado polo partido romano co permiso de Flaminino). Unha revolta antirromana estalou en Beocia e os romanos atopados no país foron asasinados (uns 500) e os seus cadáveres quedaron sen sepultar. A xeito de represalia, Flaminino arrasou Beocia e asedio Coronea e Acrefia onde se atoparan moitos mortos romanos. Os beocios pediron a paz e finalmente conseguiron a mediación da Liga Aquea pero houbo que entregar os principais líderes rebeldes e pagar unha multa de 30 talentos.

Na primavera do 196 a. C., dez enviados romanos chegaron a Grecia para organizar os asuntos do país xunto con Flaminino. Macedonia tivo que evacuar todas as cidades gregas de Europa e Asia que ocupaba, e renunciar ás que ocupara antes. Corinto foi entregado á Liga Aquea e no verán celebráronse alí os xogos ístmicos nos que se proclamaba a liberdade e a independencia de Grecia, decisión que non se esperaba e que causou gran alegría. Tesalia dividiuse en catro estados: Magnesia, Perrebia, Dolopia e Tesaliótida. A Liga Etolia recibiu Ambracia, Fócida e Lócrida (pero non quedaron satisfeitos) e a Liga Aquea recibiu parte do Peloponeso. Atenas tamén recibiu algunhas posesións.

Guerra contra Nabis[editar | editar a fonte]

A alianza con Nabis de Esparta, que fora mal vista e en 195 a. C., provocou que Flaminino recibise poderes do Senado para actuar contra o tirano espartano. A guerra contra Nabis comezou co asedio de Argos onde había unha gornición dirixida por Pitágoras de Argos, cuñado de Nabis. Como a cidade non se sublevaba, Flaminino trasladouse a Laconia e producíronse dúas batallas preto de Esparta onde Nabis foi derrotado, pero Flaminino non se atreveu a asediar Esparta e limitouse a arrasa-la rexión. Coa axuda da frota dirixida polo seu irmán Lucius, ocupou Xitíon, que se rendeu sen loitar, tras o que Nabis pediu a paz.

No entanto, os termos que propuxo Flaminino foron rexeitados tanto por Nabis como polos aliados romanos, e o xeneral tivo que atacar Esparta. Atacou a cidade sen éxito e cando estaba a piques de facer un segundo intento, Nabis volveu insistir na paz aceptando os termos previamente rexeitados. Daquela, Argos se sublevou e expulsou á gornición espartana polo que Flaminino foi a esa cidade e, nos xogos de Nemea, proclamou a súa liberdade, sendo incluída na Liga Aquea. Cando finalmente abandonou Grecia evacuou as gornicións de Acrocorinto, Calcis, Demetrias e outras cidades para demostrar que a liberdade concedida non era falsa. Convocou unha asemblea en Corinto na primavera do 194 a. C. e despediuse. O seu último acto foi a compra e manumisión dos romanos que foran feitos prisioneiros durante a Segunda Guerra Púnica e foran vendidos en Grecia. Ao seu regreso a Roma celebrou un magnífico triunfo que durou tres días.

Non moito despois de abandonar Grecia, os etolios instigaron a Nabis e Antíoco III o Grande a participar na guerra contra os romanos. Nabis asediou Xytion que foi ocupada polos aqueos. O Senado romano enviou unha frota dirixida por Caio Atilio e unha embaixada dirixida por Flaminino. Caio, decretouse a guerra contra Nabis e Filopemeno, estratego da Liga Aquea, e estaba a piques de derrotar a Nabis cando Flaminino lle aconsellou que non realizase ningunha acción sen unha orde de Roma.

A seguir, o Senado deu plenos poderes a Flaminíno quen impuxo unha tregua con Nabis. Flaminino obtivo a alianza de Filipo V de Macedonia contra Antíoco, o aliado dos etolios. Coas forzas dos aqueos, os partidos a favor do rei seléucida foron neutralizados no Pireo e Calcis. A chegada de Antíoco a Europa rematou na batalla das Termópilas no 191 a. C. Flaminio continuou a Grecia como embaixador plenipotenciario e, de feito, como protector de Grecia. Trala saída de Antíoco, o cónsul Marco Acilio Glabrio quixo castigar a Calcis polo seu apoio ao rei sirio, pero Flaminino impediuno.

Ao comezar a guerra contra os etolios, mentres o cónsul asediaba a Naupactus, Flaminino, que estaba no Peloponeso, dirixiuse ao campamento romano e os etolios imploráronlle protección. Flaminino apiadouse e conseguiu levantar o cerco. Naqueles días estalou unha revolta no Peloponeso e Flaminino e Filopemeno, o estratego da Liga Aquea, decidiron atacar Esparta, pero restableceuse a paz sen necesidade de guerra. Mesenia rexeitou unirse á Liga Aquea e Filopemeno avanzou cara a Mesenia e Flaminino actuou como mediador conseguindo que, finalmente, Mesenia entrase na Liga, que tivo que ceder a illa de Zakynthos a Roma, que pagou unha cantidade.

Retorno a Roma[editar | editar a fonte]

O 190 a. C., Flaminino regresou a Roma e foi nomeado censor para o ano 189 a. C. con Marco Claudio Marcelo.[6][7] No 183 a. C., foi enviado como embaixador ante o rei Prusias I de Bitinia quen se ofreceu a entregar a Aníbal aos romanos (Aníbal suicidouse). Morreu ao redor do 174 a. C. ou uns meses antes (os xogos fúnebres celebráronse na súa honra no 174 a. C., e a morte debeu ser nos últimos meses).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brougthon (1951), p. 313
  2. De Vir. Ilustr. 51
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Smith (1967), p.162
  4. Brougthon (1951), p. 267
  5. Tito Livio. XXXII, 7; Münzer, F. «Fulvius (56)». RE VII 1.
  6. Brougthon (1951), p. 350
  7. Smith (1967), p.166

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Lucio Cornelio Léntulo e
Publio Vilio Tápulo
 
Cónsul da República Romana
xunto con Sexto Elio Peto Cato
 
198 a. C.
Sucesor:
Caio Cornelio Cetego e
Quinto Minucio Rufo