Oss
| Oss | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Situación xeográfica | |||||
| País: | |||||
| Provincia: | |||||
| Xeografía | |||||
| Supericie • Terra • Auga |
104,42 km² 101,86 km² 2,56 km² |
||||
| Poboación | |||||
| Poboación: | 77.065 (2008) | ||||
| Densidade: | 757 hab/km2 | ||||
| Información | |||||
| Código postal: | 5340-5351, 5366-5373 | ||||
| Alcalde: | Herman Klitsie (PvdA) | ||||
| Sitio na web: | www.oss.nl | ||||
Oss é un concello e unha cidade ao sur dos Países Baixos, na provincia de Brabante do Norte.
Oss foi mencionado por primeira vez nunha carta do papa Alexandre II o 6 de maio de 1069. Recibiu os dereitos de cidade en 1399 por Hertogin Johanna van Brabant. No presente, Oss ten unha importante industria farmacéutica e química como Diosynth e Organon, ambas as compañías de Akzo Nobel.
Oss é tamén a residencia do equipo profesional de fútbol TOP Oss, ademais do lugar de nacemento do xogador neerlandés Ruud van Nistelrooy. Curiosamente non xogou para o TOP Oss, senón para os seus rivais do RKSV Margriet. Tamén é oriúndo da cidade un famoso grupo de música de Gothic Metal: The Gathering, fundado en 1989. Hoxe en día queda na cidade un cofeeshop chamado "The Jungle".
Índice |
Transporte [editar]
Hai tres estacións de ferrocarrís: Oss, Oss West e Ravenstein.
Núcleos de poboación [editar]
| Nome | Poboación |
|---|---|
| Berghem | 6.900 |
| Haren | 785 |
| Macharen | 722 |
| Megen | 1686 |
| Oss | 57.980 |
| Ravenstein | 3.724 |
Galería de fotografías [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||