Waalwijk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Waalwijk
Bandeira de Waalwijk Escudo de Waalwijk
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Localización de Waalwijk no Brabante do Norte
País: Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Provincia: North Brabant-Flag.svg Brabante do Norte
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
67,72 km²
64,71 km²
3,01 km²
Poboación
Poboación: 45.743 (2008)
Densidade: 707 hab./km²
Información
Código postal: 5140-5146, 5160-5165
Alcalde: A.M.P. Kleijngeld (PvdA)
Sitio na web: www.waalwijk.nl

Waalwijk é un concello e unha cidade ao sur dos Países Baixos, na provincia de Brabante do Norte. É membro do "Langstraat" (rúa longa).

Características[editar | editar a fonte]

Ten unha poboación de arredor de 50.000 habitantes e está situado preto das autoestradas A59 e N261. As vilas de Capelle, Vrijhoeve-Capelle, Sprang (o antigo municipio de Sprang-Capelle) e Waspik forman xunto coa cidade de Waalwijk o municipio de Waalwijk. A cidade ten unha das igrexas máis sorprendentes dos Países Baixos: a Sint Janskerk (Igrexa de San Xoán). A igrexa ten o estilo dunha mesquita, pero se posúe e utiliza como lugar de adoración pola parroquia de San Xoán Católico. A cidade ten un casco histórico moi antigo, recentemente modernizado.

Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]

  • 's Grevelduin-Capelle (3.000 habitantes)
  • Sprang-Capelle (10.056 habitantes)
  • Waalwijk
  • Waspik (5.120 habitantes)

A cidade[editar | editar a fonte]

A cidade de Waalwijk adoitaba ser moi coñecida polo seu mercado de zapatos. O dereito de cidade foille outorgado en 1303, e nela xoga o equipo de fútbol RKC Waalwijk.

Waalwijk é coñecida tamén por un evento o "80 van de Langstraat", que se celebra cada setembro, e no que uns poucos miles de persoas camiñan 80 quilómetros a pé a través de tódalas cidades que forman parte da rexión do Langstraat.

Outros eventos coñecidos da cidade son:

  • Modestad Waalwijk (Waalwijk Fashion City): fin de semana da moda.
  • Nacht van het levenslied (Noite da canción neerlandesa), acto no que actúan cantantes neerlandeses.
  • Straattheaterfestival (Festival de teatro na rúa): un fin de semana cheo de artistas e actos de teatro polas rúas da cidade.

Galería de fotografías[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]