Thymallus baicalensis
Thymallus baicalensis | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Thymallus baicalensis no Museo do Baikal, Listvianka, óblast de Irkutsk, Rusia | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 |
Thymallus baicalensis é unha especie de peixe osteíctio da familia dos salmónidos, subfamilia dos timalinos e do seu único xénero, Thymallus,[1][2][3]
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Descrición[editar | editar a fonte]
A especie foi descrita en 1874 polo médico e naturalista polaco Benedykt Dybowski.[1][2][3], baixo o nome de Thymallus grubii var. baicalensis.[1]
Sinónimos[editar | editar a fonte]
Ademais de polo nome actualmemnte válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2][3]
- Thymallus arcticus baicalensis Dybowski, 1874
- Thymallus grubii var. baicalensis Dybowski, 1874 (protónimo)
Nota taxonómica[editar | editar a fonte]
Anteriormente considerábase unha subespecie do tímalo ártico, Thymallus arcticus baicalensis, pero actualmente é unha das varias especies de tímalo de Siberia e Asia oriental, as máis próximas das cales son Thymallys nikolskyi, T. svetovidovi, T. brevicephalus e T. brevirostris. A distinción destes taxons está apoiada pola filoxenia das súas liñaxes de ADN mitocondrial. T. baicalensis tamén se disgtingue por un patrón de coloración distinto da aleta dorsal.[4]
Distribución[editar | editar a fonte]
Thymallus baicalensis encóntrase no lago Baikal, e en toda a conca do río Ienisei, e tamén nalgúns afluentes orientais do río Obi.[4]
Características e bioloxía[editar | editar a fonte]
O tímalo do Baikal pode chegar a medir até 38 cm de lonxitude e a 1,2 kg de peso. Desprázase principalmente por fondos pedregosos a pouca profundidade, alimentándose de larvas de tricópteros e de plecópteros, crustáceos da orde dos anfípodos e de ovos de peixes.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 no WoRMS. Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 no GBIF. Consultado o 12 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Thymallus baicalensis (Dybowski, 1874) no BioLib. Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Weiss, S. J. et al. (2021): "Global systematic diversity, range distributions, conservation and taxonomic assessments of graylings (Teleostei: Salmonidae; Thymallus spp.)". Organisms Diversity & Evolution 21: 25–42.
- ↑ Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2006); Thymallus baicalensis Dybowski, 1874 en FishBase.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thymallus baicalensis |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Berg, L. S. (1962): Freshwater fishes of the USSR and adjacent countries. Volume 1, 4th edition. Xerusalén: Israel Program for Scientific Translations Ltd.