Soraya Sáenz de Santamaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soraya Sáenz de Santamaría
Soraya Sáenz de Santamaría en la convención de autónomos del PP de Andalucía (febrero de 2011).jpg
Soraya Sáenz de Santamaría
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 10 de xuño de 1971 (42 anos)
Lugar: España Valladolid, España
Falecemento:
Lugar: ,
Organización: Partido Popular
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Vicepresidenta primeira
Ministra da Presidencia
Portavoz do Goberno de España
Deputada en Cortes Xerais de España
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Avogada do Estado e profesora de Dereito administrativo
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nado en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Desde o 22 de decembro de 2011 é vicepresidenta, ministra da Presidencia e portavoz do Goberno de España presidido por Mariano Rajoy.

Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.[1] Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.[2]

Casou, polo civil e en Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.[3] O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).[4]

Carreira política[editar | editar a fonte]

En 2000, xa avogada do Estado, iniciouse en política como asesora xurídica do entón ministro Mariano Rajoy,[5] ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.

É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[6]

Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.

Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.

O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.[7]

Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.[8]

O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e portavoz do executivo presidido por Mariano Rajoy.[9]

Notas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Eduardo Zaplana
People's Party (Spain) logo.svg
Portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados de España

2008 - 2011
Sucesor:
Alfonso Alonso
Predecesor:
Elena Salgado
Escudo de España.svg
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España

2011 - actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Ramón Jáuregui
Escudo de España.svg
Ministra de Presidencia de España

2011 - actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
José Blanco
Escudo de España.svg
Portavoz do Goberno de España

2011 - actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]