Elena Salgado
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Elena Salgado Méndez, nada en Ourense en 1949, é unha política galega.
É Enxeñeira Industrial nas especialidades de Técnicas Enerxéticas e Organización Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, licenciada en Ciencias Económicas na especialidade de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Métodos Cuantitativos de Xestión pola Escola de Organización Industrial.
Formou parte dos gobernos de Felipe González entre 1982 e 1996, como Directora do Departamento de Estudos no Instituto da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria (1982-1984), Directora Xeral de Costes de Personal e Pensións Públicas do Ministerio de Economía e Facenda (1985-1991) y Secretaria General de Comunicaciones del Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (1991-1996). Trala derrota socialista en 1996, pasou á empresa privada, traballando en varias empresas do sector das telecomunicacións.
Foi nomeada Ministra de Sanidade e Consumo por José Luis Rodríguez Zapatero. A súa medida máis significativa foi a lei antitabaco que entrou en vigor en España o 1 de xaneiro de 2006. Ese ano aspirou, sen éxito, a presidir a Organización Mundial da Saúde, chegando á última fase, con outros catro candidatos, na que se elixiu finalmente a Margaret Chan[1] (8 de novembro de 2006).
Desde o 6 de xullo de 2007 Elena Salgado, relevada no Ministerio de Sanidade e Consumo por Bernat Soria, pasou a ocupar o posto de Ministra de Administracións Públicas.
Nas eleccións lexislativas de 2008 encabezará a lista do PSOE por Cantabria.
[editar] Referencias
- ↑ Salgado felicita a Chan e recoñece que a elección era "difícil", en Yahoo! Noticias España
[editar] Ligazóns externas
- Breve biografía de Elena Salgado no diario ABC
- Curriculum Vitae de Elena Salgado na web da Candidatura de Elena Salgado á Dirección da Organización Mundial da Saúde
| Predecesor: Ana María Pastor Julián |
Ministra de Sanidade e Consumo de España 2004 - 2007 |
Sucesor: Bernat Soria |
| Predecesor: Jordi Sevilla |
Ministra de Administracións Públicas de España 2007 - Actualidade |
Sucesor: No cargo |

