Consello de Estado de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Consello de Estado é un órgano consultivo do reino de España, creado en 1526 e aínda existente hoxe en día.

Historia[editar | editar a fonte]

Presente xa durante o reinado dos Reis Católicos baixo os nomes de Consello de Aragón e Consello de Castela, constituíu un instrumento do rei das Españas co fin de debater sobre a política exterior da monarquía. O rei Carlos I de España decidiu crear un consello propio para os asuntos externos da monarquía debido ao grande peso da política exterior durante o seu reinado. O Consello de Estado de España empezou a funcionar en 1526, cando Solimán o Magnífico ameazaba Austria. Foi o único Consello que non tiña presidente, pois era o propio Rei quen asumía esa función.

Os seus conselleiros non eran especialistas en leis senón expertos en relacións internacionais, como o Duque de Alba ou Nicolás Perrenot. Os conselleiros eran, por tanto, membros da alta nobreza e do alto clero. En tempos de Filipe II en ocasións o monarca non presidía os consellos e, no seu lugar, enviaba o seu secretario Antonio Pérez. A súa misión era asesorar o rei sobre a política exterior e tiña o control das embaixadas de Viena (dinastía familiar dos Austrias), Roma, Venecia, Xénova, e das principais potencias de Europa: Francia, Inglaterra e Portugal. A diferenza do Consello de Castela, onde o rei escoitaba os conselleiros e executaba as conclusións que lle presentaban, no Consello de Estado era o propio rei quen expuña os puntos a debater, escoitaba os seus conselleiros e, posteriormente, tomaba as decisións.

Coa Constitución de 1812 recuperouse o Consello de Estado como órgano de control do poder do monarca, e fixaba que o monarca precisaba a aprobación do Consello para algunhas tomas de decisións. Despois de 1904 converteuse en órgano consultivo do poder executivo, función que segue mantendo na actualidade, logo da definición xurídica operada durante a democracia.

Composición e funcións[editar | editar a fonte]

A estrutura e funcións do Consello de Estado recóllense no artigo 107 da Constitución Española de 1978. É o supremo órgano consultivo do Goberno de España e está formado na súa maior parte por políticos retirados dos dous principais partidos de España.

Está formado polo Presidente, o pleno, a comisión Permanente, a comisión de Estudos e as Seccións.

  • O pleno fórmano o Presidente, e todos os conselleiros, sexan estes natos, permanentes ou elixidos. Os conselleiros natos son os anteriores Presidentes do Goberno, os Directores ou Presidentes da Real Academia Española, da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación, da Real Academia da Historia, do Consello Económico e Social, o Fiscal Xeral de España, o Xefe do Estado Maior da Defensa, o Gobernador do Banco de España, o Director do Servizo Xurídico do Estado e os Presidentes da Comisión Xeral de Codificación e da Avogacía. Os conselleiros permanentes vainos nomeando o goberno que observe algunha vacante entre aquelas persoas que fosen ministros, presidentes ou conselleiros das comunidades autónomas, conselleiros de Estado, letrados do propio Consello, profesores numerarios e funcionarios de nivel universitario con quince anos de exercicio, oficiais xerais do Corpo Xurídico Militar e antigos Gobernadores do Banco de España. Os conselleiros permanentes non poden ser máis cás seccións que ten o propio Consello de Estado. Os conselleiros elixidos son nunca máis de dez e resultan escollidos polo Consello de Ministros por un período de catro anos. Tamén forma parte do pleno o secretario xeral do Consello.
  • A comisión Permanente está integrada polo Presidente, os Conselleiros permanentes e o Secretario xeral.
  • A comisión de Estudos está integrada polo Presidente, dous Conselleiros permanentes, dous natos e dous electivos, designados polo Pleno, e o Secretario xeral.

A función do Consello de Estado é exclusivamente consultiva, e limítase a dar a súa opinión fundada sobre o obxecto da consulta ou a propor outra solución máis adecuada. No exercicio desta función, debe velar pola observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico (ver Lei Orgánica 3/1980, de 22 de abril). Ademais, debe procurar a harmonía do sistema, o rigor da técnica normativa e o bo facer da Administración, para reducir ao mínimo a conflitividade cos cidadáns. Tres dos seus conselleiros permanentes son designados cada ano para formar parte do Tribunal de Conflitos de Xurisdición.

Composición actual[editar | editar a fonte]

A composición actual (marzo de 2012) do Consello de Estado do Reino de España é:[1]

Conselleiros permanentes:

Conselleiros natos:

Conselleiros elexidos:

Segundo o protocolo de España todos os membros do pleno teñen tratamento de Excelentísimo/a señor/a.

Listaxe de últimos presidentes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]