Skye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Quiraing, Skye
Neist Point
Casa de pedra restaurada en Trotternish, Skye
Cantís próximos a Neist Point


A illa de Skye, (An t-Eilean Sgitheanach en gaélico escocés), é a illa máis grande e máis setentrional das Hébridas Interiores, en Escocia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Con 1.656 km², Skye é a segunda illa máis grande de Escocia, logo da conformada por Lewis e Harris (Leodhas is na Hearadh). Esta illa ten un dos máis dramáticos e desafiantes terreos montañosos do país, incluíndo Cuillin (unha cordilleira de montañas rochosas), e tamén un gran patrimonio de antigos monumentos e castelos.

A liña costeira de Skye é unha serie de penínsulas, incluíndo Sleat no sur, Strathaird, Minginish, e Waternish ao leste, e Trotternish ao norte. As illas que rodean Skye son: Rona, Raasay, Scalplay, e Soay.

A poboación de Skye, no censo de 2001 era de 9.232 persoas. En contraste con moitas outras illas escocesas, isto representa un crecemento do 4% con respecto ao censo de 1991. A poboación residente aumenta durante o verán, grazas á gran cantidade de turistas e visitantes que chegan á illa.

As principais industrias son o turismo, a agricultura, a destilación de whisky e artesanía. A cidade principal e capital da illa é Portree, que é coñecido polo seu pintoresco porto.

Historia[editar | editar a fonte]

En Skye, atópanse sitios que mostran a ocupación de cazadores-recolectores mesolíticos, por exemplo en An Corran, en Staffin, onde hai evidencias de que houbo habitantes nun refuxio de rochas conforme demostrou unha escavación arqueolóxica, na costa de Wester Ross.

Skye sufriu fames negras e migracións masivas durante fins do século XVIII, deixando a poboación minguada.

Cultura[editar | editar a fonte]

De todas as Hébridas Interiores, Skye é a que ten máis en común coas Hébridas Exteriores, con case a metade da poboación falante de gaélico escocés, e moitos deles pertencentes á Igrexa Libre de Escocia.

A destilería de whisky de Talisker atópase a unha beira do lago Harport, na costa oeste da illa.

Nesta illa, atópase o castelo Dunvegan, recoñecido coma o castelo máis antigo continuamente habitado de Europa. Ao contrario de moitos castelos europeos, é propiedade privada do clan MacLeod, que residiu alí desde o século XIII.

A illa de Skye foi inmortalizada pola canción tradicional The Skye Boat Song, e no famoso libro Cara ó faro, de Virginia Woolf.

Skye é coñecida pola súa paisaxe, así tamén como pola abundante vida silvestre, incluíndo aguias reais, aguias peixeiras, cervos vermellos e lontras.

Vilas e lugares[editar | editar a fonte]

Portree é a vila máis grande, e o principal centro de servizos da illa, cunha poboación de 2.491 habitantes (censo de 2001). Sconser e Broadford atópanse no lado leste da illa. Outros asentamentos son

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]