Sergi Mingote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSergi Mingote

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Sergi Mingote Moreno Editar o valor em Wikidata
9 de marzo de 1971 Editar o valor em Wikidata
Parets del Vallès, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
K2 Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Parets del Vallès
11 de xuño de 2011 – 25 de maio de 2018
← Joan Seguer i Tomàs (pt) TraducirFrancesc Juzgado i Mollá (en) Traducir →
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEsade Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , montañista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartit dels Socialistes de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor em Wikidata

Páxina websergimingote.cat Editar o valor em Wikidata

Sergi Mingote Moreno, nado en Parets del Vallès o 9 de marzo de 1971, e finado no K2, Paquistán o 16 de xaneiro de 2021, foi un alpinista e político catalán.[1] Conseguiu coroar o Everest en solitario polo cara norte (no ano 2001) e encadear as subidas do K2 e o Broad Peak (2018) en só sete días. Faleceu no K2 tras retirarse da expedición nepalesa que colideraba, e que acabaría conseguindo ollar por primeira vez o cume no inverno, mentres trataba de regresar ao campamento base para retomar a ascensión.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en función xerencial nas administracións públicas pola ESADE, foi alcalde polo PSC da súa cidade natal, Parets del Vallès (provincia de Barcelona), entre os anos 2011 e 2018, sendo anteriormente concelleiro de deportes. Tamén foi coach executivo por The International School of Coaching.

Como alpinista profesional conseguiu o primeiro oitomil en 1998, escalando o Cho Oiu (8201 m). A este seguíronlle o Shishapangma (1999), e unha primeira ascensión ao Everest polo cara norte, en solitario, no ano 2001. En 2003, repetiu polo cara sur. Unha vez no cumio enviou unha mensaxe de paz e sacou unha pancarta para homenaxear os 20 anos de Catalunya Ràdio e TV3.[3][4] Aproveitando a ascensión pola cara sur, TV3 emitiu por primeira vez por televisión a coroación do cumio en directo.[5] Ademais de coroar numerosos outros cumios, formou parte da primeira expedición mundial do milenio ao polo norte magnético. Destacou en probas de resistencia en bicicleta de montaña,[1] Ironmans, Ultraman, e nunha travesía a nado do estreito de Xibraltar.

Cumio do Gasherbrum II en 2019.

En xullo de 2018 fixo o seu regreso ao montañismo de oitomiles encadeando o ascenso ao K2 e ao Broad Peak en só sete días. Isto foi o inicio do seu proxecto 14x8000 en 1000 días, onde se propuxo subir os 14 oitomiles sen osíxeno artificial nese tempo. Ao proxecto seguíronlle os ascensos do Manaslu (setembro de 2018), Lhotse (maio de 2019), Nanga Parbat e Gasherbrum II (xullo de 2019) e Dhaulagiri (outubro de 2019).[6] O obxectivo do proxecto, cumio en todas as expedicións, levouno a ser recoñecido como un dos nomes con máis sona do alpinismo español.

Os plans de Mingote víronse afectados pola crise da COVID-19, que o obrigaron a cancelar as expedicións do verán de 2020.[7] Nos seus últimos anos de vida exerceu de presidente de ONAT Foundation.

Pasamento[editar | editar a fonte]

A finais de 2020 volveu viaxar a Paquistán para escalar o K2 no período invernal, coliderando unha expedición nepalesa. Para ir informando o desenvolvemento da escalada, o periódico Mundo Deportivo ofreceulle as súas páxinas para ir publicando vídeos e artigos sobre a mesma.[8][9][10]

Logo de escalar boa parte da montaña xunto ao chileno Juan Pablo Mohr, decidiu retirarse á altura do campamento 3, para regresar ao campamento base e tratar de retomar a ascensión e chegar ao cumio noutras condicións. Tras facer noite no campamento 3, e xa descendido ao campamento 1, faleceu na xornada do 16 de xaneiro de 2021 por mor dunha caída. Ao coñecerse o accidente iniciouse dende o campamento base un operativo de rescate liderado polos alpinistas italianos Simone Moro e Tamara Lunger e o romanés Alex Gavan, xunto a un equipo médico,[11] que non puideron salvarlle a vida.[12] Ese mesmo día, paradoxalmente, a expedición da que formaba parte, e que quedaba composta por dez escaladores nepaleses, conseguía o primeiro ascenso a esta montaña no período invernal.[13][14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Sergi Mingote mor a causa d'una caiguda al K2". TV3. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  2. "Sergi Mingote muere tras sufrir una caída cuando bajaba del campo 1 del K2". Marca. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  3. "El alpinista Sergi Mingote, de Parets del Vallès, vuelve a coronar el Everest con la expedición Everest 50". Anauris. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  4. "El catalán Sergi Mingote corona por segunda vez la cumbre del Everest". La Vanguardia. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  5. "TVC és la primera cadena d'Europa que emet en directe la coronació de l'Everest". VilaWeb. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  6. "Sergi Mingote, cima en el Dhaulagiri". Desnivel. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  7. "Sergi Mingote renuncia al Gasherbrum I en 2020". Desnivel. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  8. "Sergi Mingote busca hacer historia en el K2 en invierno". Mundo Deportivo. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  9. "Sergi Mingote parte de Barcelona a la conquista invernal del K2". Mundo Deportivo. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  10. "Mingote: “La meteorología en Skardu era mala. El invierno empieza a enseñarnos sus normas”". Mundo Deportivo. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  11. "Muere el español Sergi Mingote mientras descendía el K2 con la histórica expedición que lo ha conquistado en invierno". El Mundo. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  12. "Tuit de Fernando J. Pérez". Twitter. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  13. "Los nepalíes completan la primera ascensión invernal al K2". Desnivel. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  14. "Tragedia y gloria en el K2: fallece el catalán Sergi Mingote y se holla por primera vez en invierno". El Correo. Consultado o 16 de xaneiro de 2021.