Sés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SES
SES coa súa banda no Pazo da Cultura de Pontevedra en febreiro de 2017 presentando o traballo Opoñerse á extinción.
Nome completoMaría Xosé Silvar
AliasSES ou Sés
Data nacemento1982
Nado enGalicia Galicia
OcupaciónCantante, cantareira e cantautora
XéneroRock, blues, ritmos latinos, música galega
Instrumento(s)voz, guitarra
Selo(s) discográfico(s)Airapro Producións (2011); Fol Música (2012-actualidade)
Tempo en activo2011- actualidade
PseudónimoSES e Sés
Na rede
www.ses.gal
Facebook: mariaxosesilvar Twitter: mariaxosesilvar Instagram: mariaxosesilvar_ses Youtube: UCNfIyzOCEJ_bDInGLJ1v6cA Spotify: 7kl9fNjRfts7jD4Y7ypfNF Musicbrainz: 66010f80-be02-401c-b9b5-85f330ea7f17 Discogs: 5433346 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés ou SES, nada na Coruña en 1982, é unha cantautora galega de orixe bergantiñá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega. Ademais diso, é mestra e licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social.

Foi no ano 2007 cando creou o grupo Chámalle Xis! xunto con outros tres amigos. Foron un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis de 30 concertos por toda Galiza con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos e artistas coma Zënzar, Xabier Díaz, Xosé Bocixa e Guillerme Fernández, en 2010 Sés gravou unha maqueta con tres temas "Tola atrás de ti", "Admirando a condición" e "Se te vas", producida por Airapro. En marzo de 2011 gravou o seu primeiro álbum de estudio chamado Admirando a condición, e o 7 de xuño de 2013 presentou o segundo álbum Co xenio destrozado, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. En 2015 saíu á venda o seu terceiro disco: Tronzar os valos. En novembro de 2016 lanza o sinxelo A Paz Esquiva, preludio do seu cuarto álbum: Opoñerse á extinción, que se lanza o 2 de decembro de 2016. En novembro de 2017 presenta o sinxelo Readmirando a condición, preludio do seu quinto álbum de estudio, que recolle ademais as once cancións do seu primeiro álbum, Admirando a condición (2011), das que sempre se queixara do arranxo feito daquela; desta volta os doce tracks están musicados e arranxados pola propia Ses, que exerce nel de produtora musical e executiva[1].

En marzo de 2019 viu a luz Rabia ao silencio, un álbum no que versiona cancións revolucionarias, principalmente de Latinoamérica (Carlos Puebla, Mercedes Sosa ou Soledad Bravo entre outros) aínda que tamén de Portugal (José Afonso) ou de Galicia (Fuxan os Ventos).[2] En febreiro de 2020 publicou un novo disco, Liberar as arterias, con 12 novas cancións. O título é unha homenaxe á activista e poeta Luz Fandiño, cuxos versos están musicados no tema que dá nome ao álbum.[3]

A agrupación[editar | editar a fonte]

Sés preséntase en tres formatos diferentes:

  • Banda completa de 11 músicos,
  • Formación reducida (guitarra, baixo, batería e voz),
  • Formato acústico, acompañada polo guitarrista Tito José Calviño.

Os músicos que completan Sés son David Paz (saxofón, clarinete, arranxador e produtor), Tito José Calviño na guitarra, Fernando Fraga no baixo, Lorena Martín "Cachito" á batería, Jose Rodríguez no saxofón, Moncho Ces á trompeta, Cristian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros[4] .

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas premiouna en 2019 co Premio Mulleres en Acción.[5]

Premio Ínsua dos Poetas 2020.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Readmirando a condición, Ses (2017)". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Sés homenaxea a canción revolucionaria de autora no seu disco de versións". Sermos Galiza. 12 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  3. "'Liberar as arterias', o novo de Sés, rebélase "contra a xenreira"". Nós Diario. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  4. musicaengalego.blogspot.com (ed.). "SÉS Maria Xosé Silvar". Consultado o 20 de setembro de 2013. 
  5. "A mostra de teatro de Cangas premia a Kukas e a Sés". Cultura Galega. 25 de abril de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019. 
  6. asociacionescritoras-es. "Os premios Ínsua dos Poetas recoñecen Pilar García Negro, Sés e o persoal sanitario. Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-07-17. 
  7. "Sés (María Xosé Silvar)". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013. 
  8. culturagalega.org (ed.). "Sés comeza a Tronzar os valos". Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  9. "Páxina Web da artista". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  10. Silvar, María Xosé (3 de maio de 2019). “Cada vez me resulta máis ridículo e denigrante o ton moderado da esquerda ante o fascismo e o abuso actual”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  11. "Páxina Web da discográfica". Consultado o 07 de xaneiro de 2020. 
  12. "‘Espiña sen rosa’, adianto do novo álbum de Sés". Nós Diario. 27 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  13. Diario, Nós (2022-11-25). "Sés - 'Diante un Eco'". Nós Diario. Consultado o 2023-01-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]