Guillerme Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillerme Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Guillerme Fernández García Editar o valor em Wikidata
6 de febreiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: aecef2c8-7e17-4e67-921b-854a547fbc25 Editar o valor em Wikidata

Guillerme Fernández García, máis coñecido como Guillerme Fernández, nado o 6 de febreiro de 1969 en Vilagarcía de Arousa, aínda que criado na vila de Nigrán, é un guitarrista, compositor e produtor musical galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi membro fundador do grupo Berrogüetto, e parte integrante doutros proxectos paralelos con Xabier Díaz, Espido con Guadi Galego, ou o traballo conxunto aCadaCanto con Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero.

Xunto con Xabier Díaz codirixe o programa Tres peixes voando dende o ano 2006, na Radio Galega.

Con Ricardo de Barreiro presentou en 2013 o espectáculo escénico Sobre o desamor e outras mariconadas[1].

Traballou coa compañía de teatro Contraproducións na composición da banda sonora de cinco espectáculos teatrais:

  • O tolleito de Inishmann, baixo a dirección de Cándido Pazó, 2016.
  • Nacidas libres, baixo a dirección de Cristina Domínguez, 2017.
  • Fillos do sol, baixo a dirección de Cándido Pazó, 2017.
  • A compañeira de piso, con texto de Jen Silverman adaptado por Lilian Portela, dirección de Belén Pichel e Cándido Pazó, 2019.
  • A peste, adaptación da obra de mesmo nome de Albert Camus por parte de Cándido Pazó (produción do Centro Dramático Galego), 2022
  • Entrega en man, adaptación da obra A Behanding in Spokane de Martin McDonagh por parte de Cándido Pazó, 2023

Tamén compón música para publicidade, a destacar as seguintes campañas da empresa alimentaria Vegalsa: Nadal 2017, Verán 2018 e Nadal 2018.

É integrante do grupo De Vacas e forma parte da banda de directo de Guadi Galego.

Traballos publicados[editar | editar a fonte]

Con Berrogüetto
Con Guadi Galego
Con Xabier Díaz
  • Músicas de salitre, 2005.
  • Arrolos de salitre, 2011.
Con Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero
  • aCadaCanto, 2012.
  • A rosa d'Adina, 2013, Músicas de Salitre.
Outros traballos colectivos

Premios[editar | editar a fonte]

Con Berrogüetto
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
  • Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998.
  • Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
  • Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
  • Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007.
  • Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
  • Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.
  • Premio Martín Códax da Música ao mellor grupo na categoría Folque no 2013.
  • Premio á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo coa película Inevitable no 2014.
Con Espido
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica especializada ao segundo mellor álbum galego do 2006, por Espido.
Con Músicas de salitre
  • Premio La Opinión outorgado pola crítica especializada ao terceiro mellor álbum galego do 2006, por Músicas de salitre.
  • Finalista na categoría de mellor canción en galego nos Premios da Academia da música pola canción "Pedra de sal", do álbum Músicas de salitre no 2006.
Con aCadaCanto
  • Premio Martín Códax da Música 2014 ao mellor grupo na categoría de Canción de autor.
Con De Vacas
  • Premio Martín Códax da Música 2016 ao mellor grupo na categoría de Coros e Grupos vocais.
  • Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Castela-León (Ciudad Rodrigo) 2018 polo espectáculo "Tour Vacanal 2018", por destacar o percorrido que as artes escénicas fan en favor da igualdade.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]