Rosalía Banet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRosalía Banet
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1972
Santiago de Compostela
Datos persoais
ResidenciaMadrid
País de nacionalidadeespañola
Actividade
Ocupaciónartista multidisciplinar


Rosalía Banet Masa nada en Santiago de Compostela o 29 de novembro de 1972 é unha artista galega residente en Madrid con proxección internacional. Os seus traballos realízaos cunha visión social, persoal, ecoloxista e crítica coa sociedade de consumo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os estudos de Belas Artes na Universidade de Vigo, finalizando no ano 1996 e na mesma universidade obtivo un doutoramento no ano 2003.

Desde os anos 90 traballou na arte cun punto de vista irónico, subxectivo e crítico, en moitos casos relacionados coa comida, como se pode ver nos títulos das súas obras tales como a serie Black Stomach. A súa obra é unha invitación a reflexionar sobre a sociedade actual, mostrando os seus excesos e desigualdades. Utiliza o corpo humano e as súas enfermidades como metáforas para representar un sistema caótico, alienador e deshumanizado. O alimento e o territorio son tamén dúas cuestións fundamentais que aborda nos seus proxectos, que toman diferentes formas, desde debuxos ou esculturas, a instalacións ou vídeos.[1]

Nos seus inicios expositivos, foi seleccionada nos importantes certames de Arte Nova españois, como en 1997 Circuito de artes plásticas y fotografía, con exposición itinerante e na XIII Muestra de arte joven con exposición na sala do Ministerio de Educación e Cultura, en Madrid.

No ano 2021, presentou senllas exposicións sobre o tema da industria alimentaria, a sostibilidade, como a titulada Slow Food, unha exploración sobre a alimentación dos humanos mostrado na Fundación Giménez Lorente, na Universidade Politécnica de Valencia comisariada por Nekane Aramburu[2][3][4]

Presentou a súa obra en galerías españolas contemporáneas e participou nas principais feiras de arte españolas como ARCO; Foro Sur, e noutros países como Pinta Art Fair en Londres coa galería Twin, CIGE Baijing no ano 2006 coa galería Espazo Mínimo, Pequín (China) e con esta mesma galería na feira Maastricht Art Fair nesta cidade de Holanda, en Art Chicago 2000 en Chicago e en San Francisco International Art Exposition 2000, San Francisco (USA).[5]

Na súa exposición en Madrid no ano 2022

Exposicións[editar | editar a fonte]

Individuais[editar | editar a fonte]

  • 2022 Exposición Irregular na Galería Rafael Pérez Hernando de Madrid.[6]
  • 2021 Un atlas que no cesa na galería de Xixón Gema lLamazares.[7] Slow Food, comisariada por Nekane Aramburu[8]
  • 2017 Aflicción, Centro de Arte de Alcobendas, Madrid.[9]
  • 2015 Constelaciones dismórficas, Twin Gallery, Madrid*. Fábrica de conservas agridulces Las Golosas, MAS, Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Santander
  • 2013 Cartografías del dolor, Twin Gallery, Madrid.[10] Edible Eaters, Palacete do Embarcadoiro, Santander.
  • 2012 La trastienda de las Golosas, Las Cigarreras, Alacant.
  • 2011 EatMoreDisappear, Espai Eat Art, Banyoles, Xirona. Para comerte mejor, hospital de Denia, Alacant.
  • 2009 Las Golosas, Conservas Agridulces, Centro de Arte Contemporánea La Conservera, Murcia. El puente de la visión: Rosalía Banet, Museo de Belas Artes de Santander
  • 2008 Carnicería Love, Galería Espacio Mínimo, Madrid[11]
  • 2005 War Time Meals. Sala Juana Francés. Zaragoza
  • 2004, 2001, 1999 coa Galería Espacio Mínimo como a exposición Cómeme, cómeme. en Madrid en Looking for love, en Madrid, Beefcakes. Galería Espacio Mínimo de Murcia
  • 2001 Wedding Day. Catherine Clark Gallery. San Francisco (USA). Quiero ser santa. Galería Carmen de la Calle, Jerez de la Frontera. Bon Appétit. La Fabrica, Centro de Arte Contemporánea, Palencia
  • 1998 Rosalía Banet, Galería Marta Cervera, Madrid.

Colectivas (selección)[editar | editar a fonte]

  • 2018 Ellas y nosotros. É Baluard Centro de arte contemporánea, Mallorca[12][13]
  • 2017 Processi 144. Real Academia de España en Roma, Italia* e no ano 2018 en Matadero, Madrid
  • 2015 Bolsas DKV-MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Leonardo. Un homenaje del a arte a la ciencia, CSIC, Madrid.
  • 1995-2015 Una relectura del século, Centro de Arte Conde Duque, Madrid. Prólogo, Galería A Gran, Valladolid
  • 2014 EACː Concurso internacional de arte contemporánea, MUA (Museo da Universidade de Alacante)
  • 2013 Feminis Arte II, Centro Centro, Madrid. 20 anos da sala Juana Francés, Sala Juana Francés, Zaragoza. A través do espello, Espai Cultural Uninm de Sabadell
  • 2012 LaGran, Twin Gallery, Madrid. Vídeo-maratón, Festival Miradas de Mulleres de MAV, La Casa Encendida, Madrid
  • 2012 e 2011 A través del espejo. Lectura de la a obesidad: medicamento, arte y sociedad, Palau Cerveró, Valencia. Del papel a la realidad, Museo ABC, Madrid.
  • 2010 Todo cuanto amé formaba parte de ti, Instituto Cervantes, Madrid Mundo aparte, novo clip español, Instituto Cervantes, Madrid comisariada por Nekane Aramburu.[14]
  • 2009 CORPÓREA, MUA Museo da Universidade de Alacante. Mundo Aparte, Instituto Cervantes, Madrid.
  • 2007 Nit Thread, Koroska Gallery of Fine Arts, Slovenj Gradec (Eslovenia) Oasis, Colección Unicaja de Arte Contemporánea. CAC de Málaga.
  • 2006, VAC, IVAM (Instituto Valenciano de Arte Contemporánea), Valencia.
  • 2005, Cuestiones de Arte política, Deputación de Huesca. Dez artistas contra a violencia de xénero, sala Juana Francés, Zaragoza.
  • 1999 Madrid-Berlin, Condiciones de visibilidad. Centro cultural Conde Duque, Madrid/ Künstlerhause Bethanien, Berlin, Equipo de Cracks, Galería Siboney, Santander.
  • 1998 IV Certame Unicaja de artes plásticas. Palacio Episcopal, Málaga. Ultimisimo. ICI, Buenos Aires, Arxentina.

1997 Circuíto de artes plásticas e fotografía. Exposición itinerante. XIII Mostra de arte nova. Sala de exposicións do Ministerio de Educación e Cultura, Madrid.

Bolsas e premios[editar | editar a fonte]

2019 Residencia artística en HIAP, en Helsinqui cunha bolsa denominada Cultura Resident, do Consorci de Museus da Generalitat Valenciana en colaboración con HIAP ( Helsinqui International Artist Programme).[15]

2018 Bolsa DKV-Casa de Velázquez: Nutrición e hábitos de vida saudables, Madrid.[16]

2017 Primeiro premio Bienal de Mislata, Valencia.[17]

2016/2017 Bolsa da Real Academia de España en Roma: Arte e gastronomía, co apoio de AECID.[18]

2015 Premio da Comunidade de Madrid, feira de Estampa.[19][20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rosalía Banet". aresvisuals.net (en inglés). Consultado o 2021-06-15. 
  2. Espino, Luisa (2021-05-21). "Bene Bergado y Rosalía Banet, el peligroso arte de comer | El Cultural" (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  3. "Slow world, una exploración sobre la nutrición de los humanos y la industria alimentaria hasta el 28 de julio" (en castelán). 2021-05-28. Consultado o 2021-06-15. 
  4. "Slow world de Rosalía Banet con el acompañamiento teórico de Nekane Aramburu". iac.org.es (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  5. Álvarez, Marta. "Rosalía Banet". lagran.eu (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  6. ARTEINFORMADO (20220509). "Irregular, Exposición, Pintura, may 2022" (en castelán). Consultado o 2022-05-26. 
  7. ARTEINFORMADO (20210422). "Un atlas que no cesa, Exposición, abr 2021" (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  8. Salanova, MArisol (2021-05-31). "Rosalía Banet: modos de comerse el mundo". abc.es (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  9. "Centro de Arte Alcobendas - AFLICCIÓN. ROSALÍA BANET". Consultado o 2021-06-16. 
  10. "CARTOGRAFÍA DEL DOLOR / Rosalía Banet". DXI magazine (en castelán). 2013-10-02. Consultado o 2024-02-05. 
  11. "Rosalía Banet .- Carnicería Love". espaciominimo.es. Consultado o 2021-06-14. 
  12. "Ellos y nosotros". esbaluard.org (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  13. "Ellos y nosotros: Es Baluard revisa la huella animal en el arte". masdearte.com (en castelán). 2018-10-01. Consultado o 2021-06-17. 
  14. "Institutlo Cervantes". 
  15. "ROSALÍA BANET" (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  16. "Beca DKV - Casa de Velázquez - DKV - becas artísticas en colaboración - Candidaturas | Casa de Velázquez" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2021-06-17. 
  17. Contreras, Voro (2017-12-01). "Un banquete perturbador para Mislata". levante-emv.com (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  18. ARTEINFORMADO (20190502). "Becas MAEC-AECID en la Academia de España en Roma 2016-2017, Beca, feb 2016" (en castelán). Consultado o 2021-06-15. 
  19. ARTEINFORMADO (20150925). "Premios de la Comunidad de Madrid - Estampa 2015, Premio, sep 2015" (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  20. Redacción (2015-09-24). "La obra 'África de sangre', de Rosalía Banet, gana el premio de la Comunidad". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 2021-06-17.