Castelo de Rothesay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Rothesay
monumento planificado

Castelo de Rothesay.
Coordenadas55°50′11″N 5°03′18″O / 55.836461111111, -5.0550416666667Coordenadas: 55°50′11″N 5°03′18″O / 55.836461111111, -5.0550416666667
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Rothesay localízase en Rothesay, na illa de Bute, no centro da rexión de Rothesay, Argyll e Bute, en Escocia.

Erguido no século XII, aínda que hai quen afirma que xa existía unha fortificación en 1098, ten unha longa e estreita asociación cos reis Stewart, es Escocia, que darían orixe á Casa de Stuart.

Ten unha historia turbulenta desde que, en 1230, foi capturado por invasores viquingos, foi palco da morte de Roberto III de Escocia en 1406, e destruído na Rebelión de Argyll en 1685.

No final do século XIX, tivo inicio a súa restauración co patrocinio do terceiro Marqués de Bute. Máis recentemente, en 1961, o castelo foi entregado á organización Historic Scotland.

Destaca pola súa infrecuente planta circular e por ser un dos poucos, no país, que aínda está rodeado por un foxo. Accédese por barco, a partir da baía de Wemyss.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]