Horror vacui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Horror vacui é unha locución latina que significa literalmente "horror ao espazo baleiro". E ten diferentes significados dependendo do campo no que sexa usado.

Na Arte[editar | editar a fonte]

A caída de Babilonia, gravado por Jean Duvet das series sobre o Apocalipse, circa 1555, tamaño: 11 7/8 x 8 3/8 in.

A expresión latina horror vacui (literalmente “horror ao espazo baleiro”) empléase na historia da arte, especialmente na crítica da pintura, para describir o recheo de todo o espazo baleiro nunha obra con algún tipo de imaxe ou figura. É unha das características xerais do embaldosado matemático (concepto xeométrico que consiste en cubrir por completo un plano mediante unha unión de dúas figuras) e dos densos campos de recheo nos deseños entrelazados dos celtas.

Algúns exemplos de horror vacui poden verse en obxetos bárbaros, tales como o barco vikingo de Sutton Hoo. Tamén é carecterística da estética do Barroco e especialmente do Rococó, así como na decoración islámica e no luxoso e ostentoso arte bizantino. O termo aplícaselle principalmente a ao crítico e investigador italiano Mario Praz, quen o usou para describir a atmósfera agobiante e desordeada do deseños de interiores na época victoriana.

Na Ciencia[editar | editar a fonte]

Desde Aristóteles, libro V da súa Física [1] , e ata o século XVII, negouse a existencia do baleiro [2], xa que se consideraba como algo lóxicamente imposible.

Tamén Platón, os estoicos e a maioría das escolas antigas (atomistas e tratados de pneumática dos enxeñeiros alexandrinos) contribuíron a esa práctica unanimidade que chega ata a Idade Media e a incipiente Idade Moderna.

Baixo ese punto de vista unánime foron interpretados certos fenómenos: por exemplo, a succión que exerce unha ventosa, a dificultade en separar un fol se non se permite a entrada do aire, etc. Todas estas observacións, acompañadas de rudimentarios experimentos, parecían demostrar que a natureza resístese a tolerar a ausencia de aire: ou sexa, que a natureza aborrece o baleiro.

Na Idade Media estas pequenas probas serviron para reforzar desde un punto de vista empírico algo que xa viña afirmado desde un punto de vista filosófico. Así foi acuñado o principio do horror vacui.

A aceptación moderna do baleiro débese especialmente a Torricelli e a Newton. O principio do horror vacui converteuse en dogma prácticamente irrebatible ata o século XVII. Torricelli (1608-1647), demostrou que os efectos atribuídos ao horror vacui eran debidos en realidade á presión do aire.

A difusión en toda Europa das experiencias de Torricelli animou a moitos outros científicos na mesma liña. Os máis destacados foron Pascal (1623-1662) en Franci, Boyle (1627-1691) en Inglaterra, e Guericke (1602-1686) en Alemaña.

Pascal invirte os térmos da súa época co seu famoso experimento na montaña de Puy-de-Dôme e na cidade de Clermont, (Auvernia), aos seus pés. Realizouse o mesmo experimento ao pé da montaña e no seu cumio. Deste xeito, comprobouse a hipótese de Pascal. A altura do mercurio é menor no cume que ao pé da montaña. A explicación consiste en que "os lugares elevados, tales como os cumes das montañas, soportan unha presión da masa do aire menor que os lugares profundos, como poidan ser os vales; iso débese ao feito de que haxa máis aire por encima dos vales que dos cumes das montañas."

Polo tanto, a explicación polo horror ao baleiro vólvese insostible xa que non é posible pensar que a natureza aborrece máis ao baleiro abaixo que no cumio da montaña.

Entre 1644 (data dos experimentos de Torricelli) e 1687 (data da publicación por Newton das súas Philosophiae naturalis e Principia mathematica) habería que situar o período crucial da aceptación moderna do baleiro.

Dun horror ao baleiro, dunha negación da súa existencia pola materia e a súa extensión -tese que suscita Descartes-, pásase a unha demostración de que o baleiro é, en realidade, efecto do peso e a presión do aire.

Na Literatura[editar | editar a fonte]

Jacques Hamelink, escritor, poeta e ensaista holandés, nacido en 1939, escribíu unha obra co título de Horror Vacui en 1966, que foi traducida ao francés. Destacaron tamén importantes autores e artistas que usaron o horror vacui como foron Robert Williams ou Robert Crumb. Por exemplo nunha famosa serie chamada Where's Wally? (Onde está Wally?) destacou polas súas macabras ilustracións baseadas no horror vacui o debuxante Edward Gorey.

En Xeografía e Cartografía[editar | editar a fonte]

Nos mapas antigos e en moitos mapas turísticos actuais sóense representar sitios interesantes que ocupan todo o espazo cartográfico, para disimular o falta doutros lugares. Trátase dun verdadeiro Horror Vacui, que se manifesta tamén en moitos textos, nos que se indican descripcións fantásticas de sitios descoñecidos. Por exemplo, “as lendas del Dorado e da laguna de Pirema”, na conca de Orinoco onde non se coñece o lugar con exactitude. Estes Horror Vacui incluíronse en moitos libros para sustituir o descoñecemento real do territorio.


Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]