Raposo de orella curta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raposo de orella curta
Short-eared Dog.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 CR gl.svg
Ameazado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Atelocynus
Nome científico
Atelocynus microtis
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O raposo de orella curta (Atelocynus microtis) é un cánido propio de Sudamérica, con preferencia en áreas boscosas con pouca acción humana disturbante. Mide de 70 a 100 cm de longo de corpo e 30 cm de cola, que cando pende perpendicular ao chan vaina arrastrando. Pesa até 9 kg e ten unha altura de 35 cm. Ten patas curtas e áxiles, e orellas curtas e redondeadas, de 3 a 5 cm. Este cánido distínguese pola súa trompa de raposo e a grosa cola. A súa pelaxe é negra e gris vermella. Móvese coma un felino, e come pequenos mamíferos, peixes, insectos, froitas, réptiles. A especie na Lista de Especies en Risco.

É un dos cánidos máis raros e menos coñecidos do mundo. Crese que ten hábitos nocturnos e solitarios.

Vive na selva tropical a cerca de 1.000 msnm, na cunca do río Amazonas en Arxentina, Brasil, Perú, Ecuador, Colombia, e probábelmente Venezuela.