Rock experimental
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Rock experimental | |
|---|---|
| Orixes do estilo: | música experimental, free jazz, rock |
| Orixes culturais: | anos 60 no Reino Unido e os Estados Unidos |
| Instrumentos típicos: | guitarra, baixo, batería, teclados |
| Popularidade: | principalmente underground, pero algunhas bandas tiveron éxito entre o gran público |
| Derivados: | art rock - metal de vangarda |
| Subxéneros | |
| aath rock - post-rock - noise rock | |
O rock experimental ou rock de vangarda é un xénero musical baseado no rock que experimenta cos elementos básicos do xénero, levándoos ao límite das súas posibilidades nas composicións e na súa execución técnica.
Os seus artistas tamén procuran individualizar a súa música con tempos pouco convencionais, modificacións dos instrumentos, distintos estilos de composición, técnicas líricas, elementos doutros xéneros musicais, efectos ou instrumentos fabricados á medida.