OK Computer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

OK Computer
Álbum de Radiohead
Publicado16 de xuño de 1997
Gravaciónxullo - decembro de 1996
Estudio(s)Canned Applause
Xénero(s)rock alternativo, art rock
Selo(s)Parlophone, Capitol
Producido porNigel Godrich e Radiohead
Cronoloxía
The Bends OK Computer No Surprises/Running from Demons

OK Computer é o terceiro álbum de Radiohead, grupo de rock alternativo británico, e está entre os álbums que se mantiveron constantemente nas listas de vendas. Gravouse en St Catherine's Court, a casa de Jane Seymour preto de Bath e foi mesturado en Abbey Road Studios. Saíu á venda o 16 de xuño de 1997 no Reino Unido e o 1 de xullo nos Estados Unidos. O álbum recibiu boas críticas e tivo un amplo éxito comercial, poñendo ao grupo británico na vangarda do rock moderno. Gañou un Grammy en 1998 na categoría do mellor álbum de música alternativa.

En novembro do 2003 a publicación Pitchfork Media elixiuno o mellor álbum da década na súa lista dos 100 mellores discos dos 90[1], e no mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o segundo mellor álbum dos anos 90[2]. Na enquisa "People's List", realizada entre os lectores de Pitchfork, OK Computer aparece no primeiro posto dos 200 mellores álbums editados entre 1996 e 2011[3].

Cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Radiohead (Colin Greenwood, Ed O'Brien, Jonny Greenwood, Philip Selway e Thom Yorke). 

N.º Título Duración
1. "Airbag"   4:44
2. "Paranoid Android"   6:23
3. "Subterranean Homesick Alien"   4:27
4. "Exit Music (For a Film)"   4:24
5. "Let Down"   4:59
6. "Karma Police"   4:21
7. "Fitter Happier"   1:57
8. "Electioneering"   3:50
9. "Climbing Up the Walls"   4:45
10. "No Surprises"   3:48
11. "Lucky"   4:19
12. "The Tourist"   5:24

Notas[editar | editar a fonte]