High and Dry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«High and Dry/Planet Telex»
sinxelo de Radiohead
do álbum The Bends
Lanzamento 5 de marzo de 1995
Formato {{{formato}}}
Gravada 1992 - 1993
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 4:17
Discográfica Parlophone (RU)
Capitol Records (EEUU)
Produtor(es) John Leckie, Radiohead
Escritor(es) Radiohead
Cronoloxía
«"My Iron Lung «High and Dry/Planet Telex» «"Fake Plastic Trees
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"High and Dry" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, e foi o primeiro sinxelo do seu segundo álbum, The Bends, editado no Reino Unido o 5 de marzo de 1995. Foi un dobre cara-a xunto co tema que abría o álbum, "Planet Telex". "High and Dry" acadou o número 17 das listas despois do seu lanzamento.

"High and Dry" foi gravado durante as sesións de Pablo Honey pero foi descartada pola banda, que pensou que soaba como unha canción de Rod Stewart[1]. Porén, durante as sesións de The Bends foi redescuberta e remasterizada, xa que se considerou que funcionaba bastante en co resto do contido do álbum. A versión que aparece no disco é a demo orixinal, que nunca foi regravada.

A canción é considerada un dos hits pop máis accesibles de Radiohead, e foi unha das preferidas ao vivo, a pesar de que non a interpretaron durante unha década. Nunha entrevista do ano 2007 con Pitchfork Media, Thom Yorke afirmou que non lle gustaba a canción, dicindo "Non é mala... é moi mala". Tamén afirmou que foi premido para incluíla no álbum.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

CD1[editar | editar a fonte]

  1. "High and Dry" - 4:17
  2. "Planet Telex" - 4:18
  3. "Maquiladora" - 3:27
  4. "Planet Telex (Hexidecimal Mix)" - 6:44

CD2[editar | editar a fonte]

  1. "Planet Telex" - 4:18
  2. "High and Dry" - 4:17
  3. "Killer Cars" - 3:02
  4. "Planet Telex (L.F.O. JD Mix)" - 4:40

Vinilo de 12"[editar | editar a fonte]

  1. "Planet Telex (Hexidecimal Mix)" - 6:44
  2. "Planet Telex (L.F.O. JD Mix)" - 4:40
  3. "Planet Telex (Hexidecimal Dub)" - 7:32
  4. "High and Dry" - 4:17

Estados Unidos[editar | editar a fonte]

  1. "High and Dry" - 4:16
  2. "India Rubber" - 3:26
  3. "Maquiladora" - 3:26
  4. "How Can You Be Sure" - 4:21
  5. "Just" (live at the forum) - 3:47

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Máis información sobre "High and Dry" - followmearound.com". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2011.