Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"No Surprises" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo Radiohead. Foi publicada o 12 de xaneiro de 1998 como terceiro e último sinxelo do seu álbum OK Computer. Estivo acompañada por un video musical realizado nunha única toma, onde pode verse á cabeza do vocalista Thom Yorke nunha burbulla de plástico enhéndose de auga. O sinxelo chegou ao número 4 no Reino Unido, e en outubro do ano 2011 a revista NME situouna no posto 107 da lista das "150 mellores cancións dos últimos 15 anos".
Aparece no episodio "Broken" da serie de televisión House, cando o doutor House estaba en rehabilitación, e tamén nun capítulo da serie The Royle Family.
Listaxe de cancións [editar]
Todos os temas compostos por Thom Yorke, Jonny Greenwood, Ed O'Brien, Colin Greenwood e Phil Selway.
- CD1
- "No Surprises" – 3:51
- "Palo Alto" – 3:44
- "How I Made My Millions" – 3:07
- CD2
- "No Surprises" – 3:50
- "Airbag (Live in Berlin, November 3, 1997)" – 4:49
- "Lucky (ao vivo en Florencia o 30 de outubro de 1997)" – 4:34
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
|
|
|
| Álbums de estudio |
|
|
| EPs |
|
|
| Sinxelos |
|
|
| Recompilatorios |
|
|