Río Jarama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Jarama
Cuenca Tajo Ibérica.png
Afluente do Texo (Nº 1, O Jarama)
País España
Rexión n/d
Nacemento Pena Cebollera (Serra de Ayllón, Sistema Central)
Altitude n/d
Lonxitude 190
Caudal medio 32,10
Conca 5.108
Desembocadura Río Texo (en Aranjuez)
O río Jarama ao seu paso por Titulcia.

O río Jarama é un curso fluvial español, un dos afluentes máis importantes do río Texo. Nace na beira da Pena Cebollera, tamén coñecida como Pico de las Tres Provincias), na serra de Ayllón, Sistema Central), xusto na confluencia entre as provincias de Madrid, Guadalaxara e Segovia, xunto ao faial de Montejo.

Discorre polas provincias de Guadalaxara e Madrid. Os seus principais afluentes son, pola marxe dereita, os ríos Lozoya, Guadalix e Manzanares; e, pola esquerda, o Henares e o Tajuña.

No primeiro treito do seu recorrido, bordea o faial de Montejo, constituíndo o límite entre as provincias de Madrid e Guadalaxara. Intérnase na provincia de Guadalaxara á altura de La Hiruela, discorrendo por Colmenar de la Sierra, Matallana e El Vado, onde as súas augas son represadas no embalse que leva o nome da antiga poboación anegada (El Vado). Entra de novo na provincia de Madrid á altura de Patones de Abajo, recibindo o caudal do río Lozoya. A partir de aquí, segue unha dirección norte-sur, pasando por Talamanca de Jarama e, deixando á súa dereita o municipio de Madrid á altura do Aeroporto de Madrid-Barajas. O río tivo que ser levemente desviado durante a última ampliación do aeroporto, con obxecto de construír a pista 15R-33L.

Pasado o aeroporto recibe os seus principais afluentes: Henares, Tajuña e Manzanares. Finalmente desemboca no río Texo un pouco antes de chegar a Aranjuez, constituíndo alí a maior parte do seu caudal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]