Río Ardèche
| Ardèche | |
|
O río en Vallon-Pont-d'Arc]] |
|
| País | Francia |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Bosque de Mazan |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 120 km |
| Caudal medio | 65 m3/s |
| Conca | 2.430 km2 |
| Desembocadura | Río Ródano |
O Ardèche (en occitano Ardecha) é un río do sur de Francia, afluente pola dereita do Ródano, e cunha lonxitude de 120 km. Dá o seu nome ao departamento que baña: Ardèche; mais a súa conca abranxe tamén os departamentos de Lozère e do Gard.
Xeografía [editar]
Nasce no Vivarais, perto do Col de la Chavade (Macizo Central), no bosque de Mazan no concello de Astet, a uns 1.200 m de altitude. Logo de Aubenas e Ruoms, recibe as augas do Chassezac; despois afúndese, a partir de Vallon-Pont-d'Arc, na célebre garganta homónima durante algúns quilómetros. Xúntase ao Ródano en Pont-Saint-Esprit.
Afluentes e conca [editar]
Entre os tributarios maiores do Ardèche cómpre citarmos:
A conca do Ardèche cubre 2.430 km2.
Réxime [editar]
O Ardèche está suxeito a un réxime extremadamente torrencial. Con 65 m3/s de caudal na desembocadura, é o principal tributario pola beira dereita do baixo Ródano. As súas augas corren moi baixas no verán estate e imponentes durante o outono, cando polas grandes chuvias da estación pode atinxir valores de case 8.000 m3/sec, influenciando de modo notorio as cheas do mesmo Ródano.