Provincia de Neuquén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Provincia do Neuquén")
Provincia de Neuquén
Bandera de la Provincia de Neuquén.svg Escudo de la Provincia de Neuquén.svg
Capital
poboación (ano)
Neuquén
1.267.521 habitantes (2001)
Provincia del Neuquén (Argentina).svg
Gobernador Jorge Sapag (MPN)
Superficie 94.078 km²
Poboación
Densidade
556.528 2009
5,82 hab./km²
Analfabetismo 3,4%

Neuquén é unha provincia arxentina situada no centro-oeste do país. A súa área é de 94.078 km2, cunha poboación no ano 2008 de 547.742 habitantes. A súa capital é a cidade homónima de Neuquén.

Nome[editar | editar a fonte]

Debe o seu nome ao río máis importante da provincia, o Neuquén, que é de orixe mapuche, lingua na que significa "río de correntes".

Límites[editar | editar a fonte]

Neuquén confina polo norte con a provincia de Mendoza, polo leste con La Pampa e Río Negro, polo sur tamén con Río Negro, e polo oeste con estado chileno.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Neuquén posúe un terreo con dúas partes ben diferenciadas. O leste comparte as características chairas das pampas, entanto cara occidente vaise alzando en altura, segundo nos achegamos aos Andes, até atoparnos con frecuencia picos que superan os 2.000 metros de altura na divisoria. Aínda que o punto culminante está localizado no Vocán Domuyo, que supera os 4.000 metros, as altitudes son sensibelmente menores que as que se atinxen na provincia limítrofe de Mendoza, na que son numerosas as cumes por riba dos 6.000 metros. Con todo, a paisaxe é totalmente alpina, con abundantes glaciares e lagos de orixe tamén glaciar. Como en toda a cordilleira andina, Neuquén ten tamén os seus volcáns.

Desde un punto de vista hidrolóxico, son numerosos os ríos que baixan das ladeiras dos Andes. O río principal é o Neuquén (500 km), que unido ao Limay, forman o Negro.

O clima é variado, desde o temperado das chairas, até o ártico das cimas dos Andes. As precipitacións aumentan de leste a oeste, superando os 3.000 mm anuais medios na franxa andina.

Lago Huechulaufquén

Historia breve[editar | editar a fonte]

Neuquén estivo practicamente abandonado polo dominio colonial hispánico. A partir de 1833 comezou a política do xove estado arxentino sobre o sur, en parte nunha carreira co Chile por estender o a superficie do país. A partir da década de 1870 comezaron as expedicións militares, que atoparon a resistencia dos indios (mapuches, tehuelches e outros). Porén, manu militari, o estado arxentino foi submetendo as terras até a Patagonia. Neuquén recibíua a cualificación oficial de Territorio do Neuquén, que se mantivo até 1955. Nese ano pasou a ser provincia.

Economía[editar | editar a fonte]

Neuquén é o centro da produción petroleira e gasista da Arxentina, e, outramente, produce algo máis da metade da enerxía hidroeléctrica do estado.

O turismo é un sector en rápido desenrolo. Neuquén posúe varios parques, con vistosos lagos, frondosos bosques, ríos moi aptos para a pesca deportiva, e excelentes posibilidades para o ocio de montaña (sendeirismo, esquí, escalada).

San Martín de los Andes

Xeografía[editar | editar a fonte]

Principais cerros e volcáns.
Volcán Lanin e lago Tromen.

Relevo[editar | editar a fonte]

O medio físico provincial presenta un escalonamento decrecente de oeste a leste, provocando que a maioría dos cursos de auga sigan o mesmo rumbo.[1]

A cordilleira dos Andes conta con varios picos importantes, no norte a altura máis alta é a do volcán Domuyo, de 4.709 msnm; ao sur, o pico máis alto é o volcán Lanín, de 3.776 msnm.[1]

Principais cumes:

  • Volcán Domuyo (4.709 msnm)
  • Volcán Tromen (4.114 msnm)
  • Volcán Lanín (3.776 msnm)
  • Cerro Palao (3.583 msnm)
  • Cerro Chenque Mallín (3.535 msnm)
  • Cerro Cochicó (3.525 msnm)
  • Cerro La Cruzada (3.520 msnm)
  • Cerro Wayle (3.296 msnm)
  • Cerro Centinela (2.813 msnm)
  • Cerro Buta Mallín (2.732 msnm)
  • Cerro Guañacó (2.713 msnm)
  • Cerro Punteagudo (2.699 msnm)
  • Cerro Butahuao (2.578 msnm)
  • Cerro Azul (2.437 msnm)
  • Cerro Chapelco (2.394 msnm)
  • Cerro Bayo Norte (2.342 msnm)
  • Cerro Rucachoroi (2.296 msnm)
  • Volcán Huanquihue (2.260 msnm)
  • Cerro Relem (2.224 msnm)
  • Cerro Saihueque (2.194 msnm)
  • Cerro Bayo (2.158 msnm)
  • Cerro Clucnu Chumpirú (2.144 msnm)
  • Cerro Curruhué (2.130 msnm)
  • Cerro Aseret (2.108 msnm)
  • Cerro Los Ángeles (2.098 msnm)
  • Cerro Mesa (2.068 msnm)
  • Alto Mahuida (2.052 msnm)
  • Pico Traful (2.040 msnm)
  • Cerro Atravesada (1.940 msnm)
  • Cerro Chañy (1.849 msnm)
  • Cerro Colorado (1.778 msnm)
  • Cerro Víboras (1.772 msnm)
  • Volcán Batea Mahuida (1.760 msnm)
  • Cerro Quimtriqueu (1.574 msnm)
  • Cerro Guanaco (1.432 msnm)
  • Cerro de La Ventana (1.322 msnm)

Parques[editar | editar a fonte]

Neuquén posúe catro parques nacionais arxentinos e dous provinciais:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Provincia del Neuquén. Sitio web oficial de la provincia del Neuquén, consultado o 18 de maio de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Provincia de Neuquén