Ábrete de orellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ábrete de orellas é un espazo de comunicación musical galego con actividade en Internet, en radio e tamén en prensa. O seu director é Pepe Cunha.

Historia[editar | editar a fonte]

Ábrete de Orellas naceu como programa musical en Radio Kaos, emisora universitaria do Campus de Ferrol no outono de 1997, e foi crecendo con atención á variedade musical e á música ao vivo na zona de Ferrol. Ao desaparecer Radio Kaos, na primavera de 2003 o programa pasou a ser difundido por Internet, e ampliou a súa zona de influencia de Ferrol a toda Galiza coincidindo coa chegada de Internet e a creación dun portal on-line.

En 2005 o Colectivo Opaíí-Rádio FilispiM, do cal Pepe Cunha é membro fundador, comezou a operar na comarca de Trasancos, onde Ábrete de orellas regresou en outono de 2014. A versión radiofónica do programa soa nas emisoras da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (CUAC FM; Rádio FilispiM, Radio Roncudo, Radio Neira, Piratona ...), nas radios municipais de Redondela e Negreira e no podcast de Pontevedra Viva, ademais de estar dispoñíbel en Agora.gal e Podgalego.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]