Festival Internacional do Mundo Celta
| Festival Internacional do Mundo Celta | |
|---|---|
| Localización | Ortigueira, Galicia |
| Anos | 1978–1987, 1995–presente |
| Nº edicións | 28 |
| Fundadores | Escola de Gaitas de Ortigueira |
| Data | Catro días, en xullo |
| Xénero | Folk |
| Organizador | Concello de Ortigueira S.A. de Xestión do Plan Xacobeo |
| Web oficial | www.festivaldeortigueira.com |
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un festival de música folk tradicional das nacións celtas con máis de 25 anos de tradición. Celébrase cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila de Ortigueira. Está declarado festa de interese turístico internacional.
O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, coma Alan Stivell ou The Chieftains, entre moitos outros. Así mesmo, ata a edición do ano 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado Proxecto Runas, na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves. Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.
É o maior festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica (superando os 100.000 asistentes por edición).
Índice |
Grupos participantes no Festival [editar]
- Artigo principal: Lista de grupos que participaron no Festival de Ortigueira.
Entre os grupos que participaron nas distintas edicións do festival destacan grupos galegos como Milladoiro, Luar na Lubre ou Berrogüetto, ademais de grupos internacionais como The Chieftains ou Ialma.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.