O sonoro maxín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O sonoro maxín
OrixeOurense, Galicia Galiza
Período2007 - actualidade
Xénero(s)Cumbia, Reggae, Verbena, Popular, Fusión
Na rede
Páxina oficial

O sonoro maxín é unha banda xurdida en Ourense no verán de 2007 na xuntanza de músicos dos grupos Lamatumbá e Cinnamon Gum.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro[1] e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega con máis de 150 concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka. Remataron o 2010 cunha xira por Portugal que os levou desde a setentrional Chaves ata a meridional Tavira pasando por Amarante ou Péso da Regua.

No 2011 prepararon e gravaron o seu primeiro disco, A onda sonora (chega do interior), nos Garate Studios (País Vasco), contando coa produción de Kaki Arkarazo e o deseño de David Rubín. O disco sae á luz en abril de 2012. Froito da presentación do álbum, en 2013 realizan unha xira polo norte de Alemaña, chegando a tocar en Hamburgo e Kiel, onde compartiron escenario co músico francés Syrano. No 2014 foron o grupo galego convidado ao Mercat de Música Viva de Vic (Cataluña). En abril de 2017[2] publícase o seu novo álbum de estudio Sete Dezasete, producido polo músico e produtor catalán Marià Roch. En maio reciben o IV Premio Martín Codax da Música ao mellor grupo galego na categoría "Reggae/Ska/Mestizaxe"[3]

Membros[editar | editar a fonte]

Os membros da formación son:

  • Ico: voces
  • Abraham o neno: guitarras
  • Cristina Asenjo: acordeón
  • Xurxo Brea: baixo
  • Jaime Mateo: batería
  • Miguel Xanceda: son en directo

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • A onda sonora (chega do interior), Inquedanzas sonoras, 2012[4]
  • Sete Dezasete, Inquedanzas sonoras, 2017

Colaboracións en obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estreno mundial de la cumbia y los ritmos de O Sonoro Maxín". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-12-27. Consultado o 2017-02-02. 
  2. "O Sonoro Maxín presenta su disco "Sete Dezasete"". La Región. 2017-04-24. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2017. Consultado o 14 de maio de 2017. 
  4. Rubín, David. de tripas corazón, ed. "o sonoro maxín". Consultado o 16 de decembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]