Nastasia Zürcher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNastasia Zürcher
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega, lingua castelá, lingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webnastasiazurcher.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: nastasiazurcherofficial Twitter: nastasiazurcher Instagram: nastasia_zurcher Souncloud: nastasia-z-rcher Spotify: 3c0plGNNAmCFExowvZRKIo Editar o valor em Wikidata


Nastasia Zürcher Losada, nada en Xenebra o 26 de xuño de 1988, é unha artista, vocalista e compositora galego-suíza. Afincada en Galicia (terra dos seus avós maternos) dende o ano 2000, medrou en Xenebra até os 12 anos. Viviu tamén en Madrid 2 anos (2012-2014) nos que se graduou en Canto, Interpretación e Técnicas de Escenario na Escuela Internacional de Artistas. Estudou canto moderno con diferentes docentes e técnicas ao longo da súa formación, como o Diploma Profesional de Canto en Jazz e Música Moderna de Estudio, Escola de Música (Santiago de Compostela, centro no que imparte clases de canto e técnica vocal dende o ano 2011) e, entre outras, a formación Voice Craft (Estill Voice Training). Publicou tres discos de autoría propia (música e letras), nos que canta en galego, inglés, castelán e francés. A súa obra bebe do neo soul, o pop folk de autora e as sonoridades das músicas do mundo, sendo unha das vocalistas máis versátiles do panorama musical actual.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou parte do afamado coro compostelá Coro da Ra durante varios anos sendo unhas das súas solitas máis novas. Foi a vocalista do grupo de músicas do mundo Rastrexos Project, chegando a tocar no Festival de Ortigueira e Suíza así como en varios ciclos e festivais de percusión e mestizaxe de Galicia.

En 2015 publicou o seu álbum debut My Flight. En 2016 obtivo con el o Premio Martín Codax da Música na categoría Blues/Funk/Soul. No 2017 publicou o seu segundo álbum de estudio, Beat, composto unha vez máis por temas propios e baixo a produción do compositor e arranxador galego Adrián Saavedra. No 2018 foi novamente finalista nos Premios Martín Codax na categoría de Músicas do Mundo facendo honor a variedade de estilos que conflúen nas súas obras.

En 2018 representou Galicia no festival Liet Internacional en Holanda co seu tema "Espertos", co que gañou o premio dos músicos e quedou no segundo posto da clasificación xeral.[1] Participou en diferentes festivais cos seus diferentes formatos para directo adaptados a cada disco, como o Beat Trío con Adrián Saavedra e Narci Rodriguez ao beatbox, ou o seu quinteto no segundo disco con recoñecidos artistas da escena jazz como LAR Legido á batería ou Javi GDJazz a trompeta.

En 2021 publicou dúas colaboracións musicais: o tema "Flamante" co rapeiro galego García MC, e a canción "Conexión" co compositor e vocalista brasileiro Gustavo Almeida.

No 2022 publicou o seu terceiro álbum But Life Is Beauty Full co que levou dous galardóns nos premios da música de Galicia ese ano, os Premios Martín Códax da Música ("Artista do Ano" e "Blues, Funk e Soul"). Actualmente de xira co seu novo formato para directos, un sexteto formado por músicos destacados da escena galega: o seu produtor Adrián Saavedra ao baixo, Carmen Rey ao teclado e coros, Bruno Couceiro á batería, Mon Orencio á guitarra e coros, e Félix Rodriguez á percusión.

Foi membro da Xunta Directiva da asociación profesional de músicos de Galicia, a Asociación Músicas Ao Vivo (MAV), como secretaria e tesoureira do 2018 ao 2022.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Álbum My Flight (2015)
  • Álbum Beat (2017)
  • Álbum But Life Is Beauty Full (2022)
  • Sinxelo "O Maio" (2020) de Curros Enríquez para o Consello da Cultura Galega. Composto xunto a Adrián Saavedra

Premios[editar | editar a fonte]

  • Certame de Canción de Autor de Teo: Mellor Artista, Mellor Canción Orixinal ("VOAR")
  • Premios Martín Códax da Música (Galician Music Awards): gañadora na categoría Blues, Funk & Soul (2016); finalista na categoría Músicas do Mundo (2018)
  • Festival Liet Internacional (Holanda, 2018): premio Musicians Award + 2º posto na clasificación xeral co seu tema en galego "Espertos".
  • Artista do Ano nos premios da música de Galicia os Premios Martín Códax (2022)
  • Mellor álbum na categoría Blues, Funk e Soul nos Premios Martín Códax da Música (2022)
  • Videoclip finalista no FESTIVAL DE CANS: Lord, I'm Alive! (dirixido por Jairo Moreno, 2022)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nastasia Zürcher volta con premio para Galicia do festival Liet Internacional". Cultura Galega. 28 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]