Portal:Música/Biografía destacada/arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Música:

1[editar a fonte]

Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto, descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul), rhythm and blues, jazz e reggae.

O seu álbum de debut do ano 2003 Frank foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, Back to Black, levou cinco premios Grammy, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy, incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano. Gañou ademais un World Music Award e tres premios Ivor Novello; no 2004 á Mellor Canción Contemporánea por Stronger Than Me, no 2007 de novo Mellor Canción Contemporánea, esta vez por Rehab e no 2008 Mellor Canción Lírica e Musicalmente por Love Is a Losing Game, tamén gañou o Brit Aware á Mellor Artista Feminina Británica de 2007.

Recibiu a atención dos medios de comunicación por causas alleas ó seu talento musical, fixándose na súa polémica vida persoal. O seu estilo distintivo, as tatuaxes e o peiteado beehive, os seus problemas xurídicos constantes, dependencia das drogas e máis do alcohol e as complicacións médicas polo seu comportamento autodestrutivo foron fonte de titulares dende o 2007. Morreu por intoxicación etílica o 23 de xullo de 2011 á idade de 27 anos, revelándose o motivo meses despois da súa morte, que nun principio fora asociada ás súas múltiples adiccións. O seu álbum Back to Black converteuse, postumamente e durante un tempo, no álbum máis vendido do Reino Unido no século XXI.A BBC denominouna como "o talento vocal preeminente da súa xeración".


2[editar a fonte]

Johann Sebastian Bach (en alemán /joˈhan/ ou /ˈjoːhan zeˈbastjan ˈbax/), nado en Eisenach (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 31 de marzo de 1685 e finado en Leipzig o 28 de xullo de 1750, foi un músico e compositor do período Barroco da música clásica. Considérase un dos compositores máis grandes e influíntes da historia da música. Moitas das súas obras reflicten unha gran profundidade intelectual, expresión emocional e, sobre todo, altísimo dominio técnico. Bach considerábase a si mesmo un artesán consciente de que realizaba unha tarefa o mellor que a súa capacidade lle permitía, para a satisfacción dos seus superiores, para pracer e edificación dos seus semellantes, e para a gloria de Deus.

Bach encabezou unha gran familia numerosa. Tivo 7 fillos do seu primeiro matrimonio e 13 do segundo. Tres dos fillos que tivo coa súa segunda esposa convertéronse en compositores respectados por dereito propio. Entre eles cóntanse Wilhelm Friedemann Bach (1710-1784), Carl Philipp Emanuel Bach (1714-1788, de quen Mozart tiña unha moi boa opinión) e Johann Christian Bach (1735-1782). Porén, a confianza que Bach puxo nun dos seus fillos maiores tivo tristes consecuencias despois do seu falecemento. O fillo perdeu para sempre varias Paixóns compostas polo seu pai (que quizais agora serían tan apreciadas como a Matthäus-Passion e a Johannes-Passion). Se non fose polo coidado que tivo Carl Philipp Emanuel en conservar os manuscritos do seu pai, poderían terse perdido unha boa parte das obras mestras de Bach.

Na época da súa vellez, cando a xente se refería a Bach facíao pensando no seu famoso fillo Carl Philipp. Nas xeracións que seguiron a Bach, soamente os compositores e músicos coñecían a súa obra. Así, por exemplo, Haydn, Mozart e Beethoven tiveron un grande aprecio pola obra de Bach.


3[editar a fonte]

Portal:Música/Biografía destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Música/Biografía destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Música/Biografía destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Música/Biografía destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Música/Biografía destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Música/Biografía destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Música/Biografía destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Música/Biografía destacada/10