Pasadoiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Un pasadoiro ou paso é unha pedra ou conxunto de pedras que se colocan en ringleira nun regueiro, nun río ou en calquera corrente de auga, para podela atravesar a pé.
É unha solución de paso para as persoas a pé enxoito saltando de pedra en pedra nos vaos, en regatos ou ríos pouco caudalosos e pouco fondos, cando non se require a construción dunha ponte ou unha pontella. Normalmente dan acceso aos muíños ou en outras construcións asociadas á auga e aos ríos coma as pesqueiras.
Son moi típicos en Galicia, pola abundancia de correntes de auga. Tamén reciben o nome de pondras, poldras, pasais ou peais.
Tamén son típicos nos xardíns orientais, especialmente no Xapón.